A tecnoloxía coñecida como reflectometría de dominio de tempo (TDR, polas súas siglas en inglés) podería permitir incorporar sensores táctiles a practicamente calquera obxecto. Tradicionalmente utilizouse para localizar danos en cables submarinos, pero nun futuro podería estar presente ata na roupa.
A lámpada podería ser desprazada por un novo material flexible con forma de folla transparente con díodos no seu interior, que se poden utilizar como azulexos para iluminación, segundo un artigo publicado.
En España máis do 90% dos desenvolvementos tecnolóxicos para a defensa teñen aplicación no sector civil. Estados Unidos, dedicou en 2008 o 56,6% do seu investimento en I+D a defensa e seguridade, Francia o 27,7%, Reino Unido o 21,8%, España o 15,3% e a UE-15 o 11,8%.
As empresas e entidades situadas en Tecnópole manifestaron un grao medio de satisfacción de 4,28 sobre 5 en relación a todos os servizos e prestacións obtidos en relación á súa presenza no recinto. Esta puntuación supón unha leve melloría con respecto á rexistrada en 2010, de 4,21 puntos.
En resposta á petición trasladada polas súas empresas, Tecnopole acaba de poñer en marcha un servizo integral de asesoramento profesional en materia tributaria e de dereito privado mediante unha tarifa mensual moi vantaxosa.
Tecnópole organiza o próximo 10 de novembro, no marco do proxecto europeo ER-INNOVA, un almorzo tecnolóxico dirixido a empresas do sector das enerxías renovables baixo o lema 'Mellora a túa actividade empresarial. Factura electronicamente'. O encontro terá lugar ás 10.30 no Edificio CEI e a asistencia é gratuíta, logo de inscrición.
Un grupo de empresarios de Tecnópole asistiu a pasada semana a unha reunión de traballo con representantes de Invest Spain no que se informou sobre as oportunidades de financiamento que supón este instrumento europeo ligado ao Fondo Tecnolóxico.
Os traballadores de empresas e centros tecnolóxicos, xunto cos seus familiares e amigos, están citados un ano máis ao magosto de Tecnópole, que terá lugar o próximo xoves 3 de novembro.
A cita é na Rúa de Vigo, 6 (en fronte da nave de T-Solar) ás 19 horas, con castañas asadas, chourizos, viño galego e refrescos.
A empresa Contact Comunicación, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, foi galardoada o pasado venres co Premio INEO á Mellor Aplicación TIC 2011, durante a celebración da ‘XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información’.
A formación e o asesoramento a 150 pequenas e medianas empresas no desenvolvemento de proxectos comúns e a formación doutros novos 150 emprendedores e 50 empresas en actividades TIC. Estes son os obxectivos que se marca o 'Proxecto Nacce, Núcleo de Apoio á Competitividade e a Creación de Empresas TIC', que foi presentado o pasado mércores no campus de Ourense da Universidade de Vigo polos seus socios.
O Plan de Crecemento Empresarial da Dirección Xeral de Política da PEME puxo en marcha un programa no que colaboran a Empresa Nacional de Innovación, S.A. (ENISA) e a Fundación EOI co obxecto de formar e titorizar as pemes na elaboración do seu plan de empresa. Unha vez rematado, asesoraranos para que poidan presentalo a distintas entidades co fin de solicitar financiamento. Este proxecto piloto durará ata decembro do 2011.
Desenvolver liñas de traballo para cooperar e incrementar os sistemas de xestión das industrias vinculadas ao campo, ademais de ampliar a rede de mercado dos produtos locais, son obxectivos marcados por unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural (ADR), mediante a sinatura dun convenio de cooperación con empresas agroalimentarias de Galicia e Asturias que participarán no proxecto da Rede Asturgalega de Industrias Agroalimentarias, coñecido como Asgaia Innovación.