Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Unha batería tan grosa coma un cabelo

No futuro, as baterías terán un tamaño da orde dos 150 nanómetros (medida equivalente á mil millonésima parte dun metro). Isto é o que prometen uns investigadores da Universidade de Rice (Texas) que a construíron grazas á nanotecnoloxía. 

As pemes situadas nos parques tecnolóxicos facturan un 40% máis

As pemes que se atopan situadas en parques tecnolóxicos facturan e innovan máis que as situadas noutros lugares. En concreto, as pequenas e medianas empresas de entre 20 e 40 empregados que se atopan nun parque deste tipo aumentan un 40% a súa facturación con respecto a compañías similares radicadas noutros lugares.

O LOMG e o CTC colaboran nun sistema que estuda a calidade da colleita de patacas por terreos

O investigador da Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo Ángel Dacal desenvolveu un novo sistema que permitirá inspeccionar toda a produción de pataca, e non só unha mostra, para garantir a calidade dos tubérculos.
 
A innovadora tecnoloxía de 'procesamento de imaxes e visión hiperespectral' evitará que se colen na recolección e almacenamento patacas con enfermidades como a sarna común, o verdeo ou a podremia seca.

Economía e Industria convoca axudas á innovación empresarial por 10,7 millóns de euros

A Consellería de Economía e Industria convocou as axudas para fomentar a investigación e a innovación empresarial e para incentivar os investimentos innovadores, que ascenden a un total de 10,7 millóns de euros e serán obxecto do pagamento de anticipos de ata o 80% libres de garantía.

A Xunta convoca as axudas a empresas para a solicitude de títulos de propiedade industrial

A Consellería de Economía e Industria convocou as axudas para o fomento da propiedade industrial no exercicio 2011, cunha dotación de 550.000 euros. As subvencións destinaranse a atender os gastos empresariais derivados da tramitación de solicitudes de títulos de propiedade industrial e da súa renovación ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais.

Enxeñeiros vigueses deseñan un patín eléctrico máis lixeiro e compacto

Os vehículos eléctricos representan na actualidade unha alternativa real na redución de gases contaminantes, polución sonora e conxestión de tráfico.

Workshop de busca de financiamento para empresas tecnolóxicas en Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, unha xornada para coñecer e debater dende diferentes ópticas todos os pasos que unha persoa emprendedora ten que dar para optimizar a busca de financiamento privado para o seu proxecto empresarial.

Malaga acollerá o I Foro para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación

Málaga será a anfitrioa da primeira edición do Foro para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (Transfire), que se celebrará os días 8 e 9 de febreiro de 2012.

A conferencia de tecnoloxías emerxentes de MIT Technology Review chega a España

O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) chega por primeira vez a España a través da conferencia EmTech Spain, organizada por Technology Review España, a edición española da revista de tecnoloxía máis antiga do mundo.
 
EmTech (Emerging Technologies) Spain celebrarase en Málaga os días 26 e 27 de outubro e reunirá expertos de ámbito internacional que analizarán as principais tecnoloxías emerxentes e como estas cambiarán o mundo.
 

A UE anuncia un investimento de 7000 millóns de euros para proxectos de investigación e innovación

A UE dedicará 7000 millóns de euros a financiar proxectos de investigación e innovación que quere que sirvan para involucrar a todas as partes que interveñen dende que se ten a idea ata que se comercializa. Nestes momentos economicamente difíciles Bruxelas está disposta a non quedar atrás e a non permitir que Corea do Sur, China ou India tomen definitivamente a dianteira en materia de investigación e tecnoloxía.

O equipo de I+D das universidades galegas falla en rendemento

O "ranking" de investigación das 48 universidades públicas españolas sitúa a Vigo como a 18 en produción, pero cae ata o posto 31 na rendibilidade por profesor.
 
Este desequilibrio entre a capacidade de xerar novos coñecementos e o rendemento de todo o equipo é compartido por Santiago -que pasa do noveno lugar ao décimo sexto- e  A Coruña -cuxa posición descende da 36 á 42-.

Ciencia e Telefónica destinarán ata 100 millóns de euros no fomento do desenvolvemento de empresas tecnolóxicas

A ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, e o presidente de Telefónica, César Alierta, asinaron un acordo de colaboración para iniciar o programa 'Innvierte' Economía Sustentable, co que se pretende fomentar o desenvolvemento de empresas tecnolóxicas e polo cal, cada unha das partes destinará ata 50 millóns de euros, respectivamente, a novos proxectos emprendedores.

Páxinas