As melloras tecnolóxicas poden reducir a demanda española de enerxía nun 40% a custos moi reducidos ou nulos, segundo as conclusións do informe anual de Economics for Energy, presentado na Comisión Nacional de Enerxía.
A visión dos superheroes das películas de ciencia ficción é unha realidade máis próxima despois de que un equipo de científicos deseñase unhas lentes de contacto nas que se poden proxectar imaxes coma se fose unha pantalla, segundo unha investigación publicada.
Aernnova busca a velocidade de cruceiro no negocio aeronáutico. A firma vasca está a desenvolver unha ala intelixente para o avión europeo do futuro, un proxecto auspiciado pola CE dentro do Consorcio Clean Sky e cuxos primeiros resultados se están a dar a coñecer estes días en Bruxelas.
A nova Telefónica Dixital ten previsto acelerar os seus investimentos en start-ups, unha estratexia destinada a fortalecer o seu ecosistema tecnolóxico. A empresa tamén prevé acelerar a contratación de desenvolvedor de software, o punto central do seu negocio.
Investigadores da Universidade de Harvard (EE.UU.) crearon un robot flexible, capaz de arrastrarse, cambiar o seu modo de avanzar e sortear obstáculos con máis facilidade que os robots móbiles creados ata agora.
Un equipo de investigadores da Universidade de Georgia creou un novo material que, tras ser exposto ao Sol durante un minuto, é capaz de irradiar luz infravermella que pode ser percibida na escuridade durante máis de dúas semanas.
Xerar luz sen consumir enerxía eléctrica pode parecer unha utopía, pero a bioloxía ten unha resposta a ese desafío a través da bioluminiscencia. O truco está en aproveitala de tal forma que se converta nunha alternativa viable e amigable co medio ambiente.
A maior feira científica de Galicia, 'Galiciencia', será este ano actividade de referencia da Semana da Ciencia 2011 en España por medio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria. Durante os días 23, 24 e 25 de novembro a entidade organizadora, Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia- acollerá no seu recinto de Ourense unha carpa na que 51 equipos de estudantes de toda Galicia, Cataluña e Euskadi mostrarán ao público os seus proxectos científicos e de innovación.
As universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, xunto con outras cinco entidades, entre as que figura Tecnópole, constituíron o pasado mércores unha rede de incubadoras de empresas tecnolóxicas e innovadoras de Galicia (Redincuba).
Tecnópole organiza o próximo 30 de novembro, no marco do proxecto europeo ER-INNOVA, un almorzo tecnolóxico dirixido a empresas do sector das enerxías renovables sobre o software ERP deseñado para responder ás súas necesidades específicas. O encontro terá lugar ás 11.30 no Edificio CEI e a asistencia é gratuíta, logo de inscrición.
A empresa Intellectia Bank, con sede en Tecnópole, logrou captar 1,3 millóns de euros procedentes do Plan Avanza2 para financiar dous proxectos de I+D+i, ambos os dous coa colaboración de investigadores da Universidade de Vigo. A entidade académica, que participa nestas dúas iniciativas a través da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense, ingresará 600.000 euros grazas á súa contratación por parte da empresa galega.