A empresa Ingeteam desenvolveu a tecnoloxía necesaria para implementar a carga rápida para os vehículos eléctricos. O prototipo presentouse hai dúas semanas en Madrid e permite reducir o tempo de carga de 5 horas a 20 minutos. Os equipos estanse a desenvolver segundo o estándar industrial CHAdeMO e as primeiras unidades sairán á venda despois de verán.
China, Brasil, Rusia, India e México moverán durante este ano un 17% do mercado global, valorado en 493.000 millóns de euros. Segundo un estudo da consultora Gartner, os países emerxentes contan cos mercados de Tecnoloxías da Información (TI) máis dinámicos, sendo os que máis crezan no transcurso de 2012. Só durante este ano, os ditos mercados gastarán máis de 1,22 billóns de dólares (uns 910.000 millóns de euros) nas devanditas tecnoloxías, copando un 31% do mercado global.
O hipersector TIC español, que aglutina oito sectores de Tecnoloxías da Información e a Comunicación, está formada por un total de 24.371 empresas, o que supón o 1,61% de todas as existentes na estrutura produtiva española, e emprega un total de 386.009 traballadores, o que supón o 2,10% da forza laboral do país, segundo o director do sector TIC, desenvolvemento do mercado e estudos de Ametic, Antonio Cimorra.
Dous equipos de investigadores franceses lograron crear nano-fibras orgánicas con múltiples usos no campo da microelectrónica capaces de construírse por si mesmas, o que permite reducir os custos da súa produción, anunciou o Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS).
A medida que pasan os anos, o problema da auga potable agudízase. As fontes de auga potable non son infinitas, e o crecemento da poboación mundial incrementa a demanda deste líquido indispensable.
Entender que fai que un empregado produza máis e estea máis comprometido coa súa empresa e comprender por que unha persoa ten maiores dotes de liderado que outra é o que intenta debullar o neuroliderado, unha nova disciplina que estuda como se comporta o cerebro ante situacións nas que un debe ser líder.
¿Comida barata, saudable, de produción sustentable, atractiva e pracenteira? ¿Que prefiren os nómades urbanos, a xeración dixital ou a nova terceira idade? ¿Impóñense os alimentos emocionais?
Tecnópole incrementou un 21,4% os seus ingresos durante o exercicio 2011, mantendo a facturación por servizos e alugueres e incrementando o financiamento para a realización de proxectos, ademais da súa actividade como entidade colaboradora do Ministerio de Economía e Competitividade para tramitar as axudas a empresas instaladas en parques científicos e tecnolóxicos.
A empresa Aukor, con sede en Tecnópole, acaba de rematar o desenvolvemento do primeiro sistema integral de xestión dotado con intelixencia artificial para a industria do sector agroalimentario, con aplicación concreta e inmediata nas plantas de procesamento de cereais (fariñeiras, panificadoras e fábricas de pensos, entre outras).
O deseño dun detector de radiacións caseiro económico, realizado por Iria Míguez e Alba Cortés, foi merecedor do segundo premio do maior certame científico escolar de España, a Exporecerca, na categoría do segundo ciclo de Secundaria. O sistema, que foi usado para avaliar as posibles zonas con risco radiactivo en Ourense, foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e financiado pola Consellería de Economía e Industria. As creadoras do detector foron galardoadas coa súa participación na feira de ciencias que se celebrará en Bratislava (Eslovaquia) na segunda quincena de novembro de 2012.
La empresa Contact Comunicación, ubicada en Tecnópole, ha desarrollado recientemente la aplicación móvil para la Ruta del Vino de las Rías Baixas, que permite a los visitantes consultar información sobre todos sus recursos, desde actividades a puntos de interés.
A Xunta aumenta un 15% o presuposto para varias liñas de innovación empresarial, destinadas fundamentalmente a pequenas e medianas empresas (pemes), e reservará 12,5 millóns de euros para estas axudas.