Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Neurobótica, a disciplina que "dá vida" ás máquinas

As máquinas non se moven como os seres vivos. Un robot pode imitar a sutileza dunha caricia, ou superar en precisión o revés dun tenista, pero os seus movementos non parecen tan fluídos. Parecen, porque o son, 'mecánicos'. A capacidade de aprender de cada xesto, e perfeccionalo pouco a pouco, marcan a diferenza.

O TEDxGalicia abre o período de preinscricións para a súa edición 2012, que terá lugar en novembro en Tecnópole

O evento TEDxGalicia 2012 terá lugar o 30 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense), que se converte en anfitrión deste impactante formato movido pola vontade de compartir coñecemento e inspiración con motivo do seu 20 aniversario. O período de preinscricións comezou o 18 de xuño, coa expectativa de cubrir as 150 prazas dispoñibles en cuestión de días, como aconteceu coas dúas edicións anteriores.

Tecnópole presenta o seu Laboratorio de Biotecnoloxía durante a xornada sobre agroalimentación sustentable organizada por ENVITE e PTGAL

Tecnópole presentará o seu servizo de Laboratorio de Biotecnoloxía na xornada 'Agroalimentación sustentable: oportunidades de negocio e financiamento' que terá lugar na sede de FEUGA (Santiago de Compostela) o próximo 28 de xuño. A xornada está organizada pola Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio ambiente (ENVITE) en colaboración coa Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria (PTGAL).

Hispamoldes intégrase nun consorcio aeronáutico para poxar por contratos de Embraer e Bombardier en Portugal e Marrocos

A implantación de dous xigantes do sector aeronáutico como a brasileira Embraer en Portugal (en Évora) e a canadense Bombardier en Marrocos animou a oito empresas galegas do automóbil e a metalurxia, entre as que se atopa a empresa de Tecnópole Hispamoldes, a fundar unha nova firma aeronáutica para aproveitar esta oportunidade de negocio.

Egatel participará na décima edición de Broadcast Asia

Egatel estará presente unha vez máis na próxima edición da feira BroadcastAsia, que terá lugar do 19 ao 22 de xuño en Suntec (Singapur), co obxectivo de reforzar a súa presenza no Mercado asiático.

Convocadas as axudas do subprograma Competitividade I+D do Plan Nacional de I+D+I

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo puxo en marcha as axudas correspondentes ao subprograma Competitividade I+D do Plan Nacional de I+D+I. O prazo de solicitude finaliza o 5 de xullo de 2012.

As empresas piden máis incentivos fiscais para seguir investindo en I+D

O gasto en I+D é unha das principais vítimas dos recortes presupostarios para reducir o déficit. O primeiro avance dos datos do exercicio pasado sinala que esa partida caería un 4,1% anual ata os 13.989 millóns, por debaixo do rexistrado en 2008.

De España a Silicon Valley: nace Plug and Play Accelerator

Silicon Valley e España xa teñen unha nova ponte. Trátase de Plug and Play Accelerator, a aceleradora de startups posta en marcha pola sede española de Plug and Play Tech Center, que busca, deste modo, impulsar as novas startups tecnolóxicas españolas.

A innovación, motor imprescindible para lograr unha agricultura sustentable

Nun mundo de recursos cada vez máis escasos é necesario seguir producindo alimentos saudables no marco dunha agricultura cada vez máis competitiva, respectado o medio e contribuíndo ao desenvolvemento do medio rural.

Os emprendedores impulsan a transición á economía verde

Moitos mozos e non tan mozos están a lanzarse á aventura de montar un negocio na "economía verde", un sector que, coa crise como trasfondo, ofrece grandes oportunidades segundo expertos e emprendedores consultados por EFEverde.

Ti conduce, que eu fago o resto

Non é o copiloto o que lle fala, é o seu móbil. Pero non só para orientalo, búscalle a gasolineira próxima máis barata, avísao de onde hai unha rúa cortada ou advírtelle de que se vai atopar cun radar. Pero tamén lle di en que sitio exacto deixou onte á noite o coche aparcado e mesmo que ten gardado na guanteira.

As formigas inspiran un buscador para redes sociais

Investigadores da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) desenvolveron un algoritmo para acelerar as buscas de camiños entre dous nodos dentro dunha rede social. O algoritmo baséase no comportamento que seguen as formigas mentres buscan comida.

Páxinas