Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole inaugura unha exposición fotográfica que percorre os seus 20 anos de traxectoria en imaxes

O próximo venres 13 de xullo ás 13.30 horas inaugúrase no Edificio CEI a exposición fotográfica realizada por Tecnópole para conmemorar o seu 20 aniversario cun percorrido en imaxes polo seu pasado e o seu presente.

Un traballador de Coasa e dúas empregadas do CIS-Madeira gañan o III Concurso ‘Tecnoambiental’

Ricardo Escolano, traballador da empresa Coasa, é o gañador do III Concurso ‘Tecnoambiental’ na categoría de fotografía. A sección de vídeo, inaugurada este ano, tivo como vencedoras a Montserrat Rodríguez e Azahara Soilán, do CIS-Madeira. O concurso foi organizado por Tecnópole con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

Convocadas as axudas do Programa INNPACTO para proxectos de cooperación público-privada

O Ministerio de Economía e Competitividade convocou as axudas do Programa Nacional de Cooperación Público/Privada INNPACTO, que financia a cooperación público-privada entre organismos de investigación e empresas na realización de proxectos de I+D+i orientados cara a produtos explotables baseados na demanda. O prazo límite de presentación de solicitudes é o 17 de xullo.

O Ministerio de Economía convoca axudas para contratar persoal de I+D

O Ministerio de Economía e Competitividade publicou a convocatoria do subprograma Inncorpora 2012 para a contratación a xornada completa de tecnólogos titulados universitarios e doutores para a súa participación na realización dun proxecto concreto de I+D, en réxime de concorrencia competitiva e aplicando os principios de publicidade e obxectividade.

Indra entrega os premios do seu concurso "Pensa en Innovar"

Un e-avatar personalizado, un can guía virtual e uns drones para control visual a distancia foron as ideas gañadoras do concurso de Indra para fomentar a innovación. Estas propostas conseguiron impoñerse ás máis de 1500 que participaban. Indra achegará o seu capital humano e intelectual e unha metodoloxía de traballo para estudar a forma de impulsar os proxectos como premio do certame.

As empresas turísticas invisten máis en innovación agora que antes da crise

Un estudo de Esade afirma que as pemes do sector turístico dedican á partida de innovación máis do 12% do seu presuposto, máis que as grandes compañías. O informe "Innovación turística en España 2012" revela que máis do 30% das empresas enquisadas invisten bastante ou moito máis en melloras innovadoras que antes da crise.

Códigos bidi: como "captar" consumidores a través dos móbiles intelixentes

Estreitar a relación entre empresas e consumidores, lanzar promocións ou simplemente espertar a curiosidade dos compradores son algunhas das utilidades dos códigos "bidi", chamados a ser o código de barras do século XXI que permiten acceder a datos específicos cunha aplicación de móbil.

O crowdsourcing é máis barato para as empresas e moito máis creativo para os profesionais

Jaime Sanmartín está contento. Moi contento. Non é para menos, xa que o CEO de adtriboo, quizais a plataforma de crowdsourcing máis famosa de España, acaba de levantar un millón de euros de financiamento.

Nace unha rede para impulsar o progreso das cidades dende a innovación

A Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI) constituíuse a semana pasada en Valladolid, coa participación inicial de vinte e catro municipios e co obxectivo de impulsar o progreso das cidades dende a innovación e o coñecemento.

Crean unha cámara de 50 xigapíxeles, cinco veces máis precisa que a visión humana

Unha cámara de 50 xigapíxeles. Ou o que é o mesmo, de 50.000 megapixeles. Un dispositivo capaz de conseguir imaxes cun detalle sen precedentes. Por agora é un prototipo, un traballo dun grupo de enxeñeiros eléctricos das universidades de Duke e Arizona, pero nuns anos estará probablemente nos comercios.

Twittea dende a neveira e reserva a cea conducindo, ¡apps fóra do móbil!

Los móviles han sido el gran aliado de las aplicaciones. Los móviles y también las tabletas, por supuesto. La movilidad y el hecho de ser táctiles multiplicaron las posibilidades y capacidades de las aplicaciones y se convirtieron en parte del éxito y la fuerza transformadora de esta tecnología.

Páxinas