Un consorcio de nove empresas españolas lideradas pola multinacional tecnolóxica Indra levará a cabo o proxecto ''Ciudad 2020'' que, cun presuposto de 16,3 millóns de euros, busca desenvolver un novo modelo de cidade intelixente e sustentable.
Europa é, dende hai tempo, fonte de moitas innovacións tecnolóxicas, pero aínda é necesario superar numerosos obstáculos que impiden que os resultados científicos pasen á industria e de aí ao mercado. O sector nanotecnolóxico non é alleo a esta situación, sobre todo no referente ao desenvolvemento de aplicacións novas baseadas en litografía de nanoimpresión (NIL), unha técnica que avanza a gran velocidade.
Comprar comida non é ir á farmacia. Aínda que a nutrición inflúe na nosa saúde, os beneficios dos nutrientes non son tantos como a publicidade nos quere facer crer. E a primeira lista de propiedades demostradas (e, polo tanto, aptas para ser incluídas nos anuncios) recoñecida pola Comisión Europea acredítao.
As empresas de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole conseguiron incrementar o seu volume de negocio en 44,1 millóns de euros durante o ano 2011 sobre o exercicio anterior. A facturación total pasou dos 170,8 millóns contabilizados ao peche de 2010 aos 214,9 millóns rexistrados en 2011, o que supón un aumento do 25,7%.
Parque Tecnolóxico de Galicia organiza o próximo venres 25 de maio unha conferencia de coaching para o emprendemento e a innovación tras a que presentará a súa nova sala de coworking, un espazo de traballo orientado a profesionais autónomos con todos os servizos adaptados ás necesidades específicas deste colectivo.
Queila Bouza e Martín Álvarez, alumnos das Aulas Tecnópole e de 4º da ESO no IES O Couto de Ourense, resultaron gañadores do certame ''É de libro'' coa súa investigación científica sobre a influencia das radiacións que emiten os dispositivos móbiles, como os teléfonos ou os routers wifi, na xerminación das sementes e no crecemento das plantas. Estes dous estudantes, que recibirán o galardón o próximo sábado de mans do ministro de Educación, José Ignacio Wert, concluíron que hai unha influencia directa polo menos no proceso de xerminación, ao comprobar que a fertilidade das sementes foi maior no caso das que non estiveron expostas á radiación.
A facturación do sector tecnolóxico en España ascendeu a 85.073 millóns de euros, un 5% menos que en 2010, segundo os datos presentados pola patronal do sector Ametic.
As estratexias dos buscadores e as redes sociais serviron como modelo no estudo de marcadores do cancro de páncreas. Grazas a elas, un equipo de científicos alemán analizou 20.000 proteínas e atopou que sete delas son importantes na progresión desta enfermidade oncolóxica.
O obxectivo deste proxecto é poder obter un modelo 3D dunha fachada dun edificio histórico (por exemplo, unha catedral) de forma automática, sen necesidade de utilizar estadas e grúas, e cun custo inferior ás alternativas dispoñibles na actualidade (os escáneres 3D).
Un colector xiratorio que aproveita ao máximo a radiación solar e que está protexido de ventos extremos, unha planta para "espremer" a enerxía das ondas ou unha carcasa elaborada con fibras naturais de plantas, en vez de con aluminio, son algúns dos 23 inventos tecnolóxicos que presenta este ano a Galería de Innovación de Genera. A Feira Internacional da Enerxía e o Medio Ambiente terá lugar en Ifema, Madrid.
A tecnoloxía desenvolvida pola española InToTally, que permite incrementar o rendemento das redes un 40%, captou o interese de grandes operadoras como Vodafone Ventures que xa comprou a súa tecnoloxía ToT-OLPC, co fin de mellorar as infraestruturas críticas da rede móbil global. Inicialmente o despregamento estase a realizar en España, aínda que se espera que se estenda a outros países.
Uns 'superlentes', un miniordenador e un microchip implantado baixo a retina. Con estes tres elementos, a Universidade de Standford (Estados Unidos) desenvolveu un sistema co que se poderá devolver a visión a persoas afectadas por dexeneración macular ou retinose.