Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

En marcha un proxecto para profesionalizar a producción da faba de Lourenzá (Centro Tecnolóxico da Carne)

Pór en valor a Faba de Lourenzá, desde a sanidade da semente, pasando polo cultivo e a comercialización, é o obxectivo do proxecto de investigación presentado pola cooperativa Terras da Mariña e no que tamén colaboran a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), o Centro Tecnolóxico da Carne e a Universidade de Santiago de Compostela.

A Xunta activará ‘unha lonxa’ para que as empresas capten expertos en biotecnoloxía

A biotecnoloxía é un sector cada vez máis potente e con moitas oportunidades de crecemento. Con todo, as empresas biotech que hai en Galicia atópanse cun problema: non atopan profesionais altamente cualificados. A Xunta decidiu facilitar a captación e incorporación de persoal especializado a estes laboratorios. Para iso organizará unha lonxa de talento. Consistirá en eventos presenciais onde se porá en contacto ás empresas do sector con investigadores e técnicos, pero tamén con comerciais ou directivos con alto grao de especialización.

Axudas para renovables, un respiro ante a factura eléctrica

Se o cidadán de a pé treme cada vez que o megawatt hora alcanza un máximo histórico, as empresas ven como esta escalada na factura eléctrica pon en xaque a súa viabilidade. Depender en exceso destas tarifas está a minguar a competitividade de pequenos e medianos empresarios, polo que as renovables convértense nun aliado indispensable.

A incubadora da industria do automóbil pon a terceira marcha

A incubadora High Tech Auto de Galicia comeza a apurar a súa velocidade de cruceiro coa recente convocatoria da súa terceira edición. A aceleradora especializada no sector da automoción púxose en marcha para favorecer a transferencia de tecnoloxía ao tecido empresarial do sector da automoción, o das empresas auxiliares de compoñentes e os servizos avanzados para esta industria a través da transferencia de tecnoloxía.

As TIC, ferramentas de impulso do emprego para os vindeiros anos

A demanda de servizos relacionados coas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) segue en aumento nun mercado cada vez máis dixitalizado e que require de traballadores que coñezan o funcionamento das novas ferramentas ofimáticas. Segundo o barómetro mensual “Tic Monitor”, elaborado pola empresa de análise Vass e o centro de predición económica Ceprede, a demanda de talento especializado medra de forma interanual un +5%, marcando o mellor rexistro da serie histórica.

As pequenas empresas camiñan cara á dixitalización

A pandemia deixou patente a importancia de apostar pola innovación e camiñar da man da dixitalización. E é unha máxima que deben aplicarse todos os axentes do mercado que teñan como vocación sobrevivir e seguir sendo competitivos. Non é cousa só dos máis grandes. As pequenas e medianas empresas tamén deben asumir a dixitalización como parte primordial do seu ADN. Demostrárono as restricións que trouxo consigo o coronavirus.

Ciberseguridade, un risco permanente para a empresa

Nun mundo cada vez máis dixital, que se acelerou coa pandemia, os ciberataques ás empresas multiplícanse, co que a ciberseguridade convértese nun risco permanente a xestionar. Así o destaca a sexta edición do informe Risk in Focus 2022: hot topics for internal auditors, realizado por 12 institutos de auditores internos de Europa, incluído o de España. O informe analiza os principais riscos aos que se enfrontan as compañías en Europa e foi elaborado a partir dunha enquisa a 738 directores de auditoría interna e entrevistas en profundidade a 50 deles.

“Volamos con números: unha aventura aérea”, primeira experiencia da Aula Newton instalada en Tecnópole

O Parque Tecnolóxico de Galicia porá en marcha a finais de outubro a primeira Aula Newton de España con carácter permanente. É unha aula de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas; destinada a promover as carreiras científicas e tecnolóxicas entre os mozos cun enfoque totalmente práctico e moi innovador. Trátase dunha iniciativa promovida por Boeing, a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia e Tecnópole.

A CEO e Tecnópole estreitan lazos co fin de atraer talento e incentivar o investimento

Promover a cooperación para o desenvolvemento de actuacións que permitan atraer talento e incentivar o investimento produtivo, ademais da implantación de novas iniciativas empresariais no territorio. Este é o fin último do convenio de colaboración asinado entre ambas as entidades empresariais, con Marisol Nóvoa por parte da CEO e Javier Taibo como director xerente de Tecnópole. As dúas organizacións continúan así unha traxectoria de cooperación iniciada hai anos.

A empresa tecnolóxica Primux, situada en Tecnópole, instalará Windows 11 nos seus equipos informáticos de maneira gratuíta

Primux é unha empresa tecnolóxica galega con máis de dez anos de traxectoria no desenvolvemento de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios informáticos diversos. Con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, anuncia que vai instalar Windows 11 nos seus equipos informáticos de maneira gratuíta.

Galicia, Asturias e Cantabria crean un clúster para impulsar a eólica mariña no norte

Galicia, Asturias e Cantabria formalizaron a creación do Superclúster Atlantic Wind (SAW), unha alianza para impulsar a enerxía eólica mariña no mar Cantábrico, que parte de tres clústeres do sector integrados por 112 empresas.

A Xunta destinará case 20 millóns ao autoconsumo enerxético en empresas

A Xunta habilitará axudas por 19,8 millóns de euros para impulsar o autoconsumo e o almacenamento enerxético en empresas a partir de fontes renovables. Con esta liña de apoios, o Goberno galego considera que poderían conseguir aforros anuais de 7 millóns nas facturas.

Páxinas