Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Councilbox, administración dixital e presencial garantindo a seguridade xurídica (Galicia Avanza)

Councilbox é unha empresa de tecnoloxía legal que desenvolveu unha plataforma na nube que é unha terceira canle de relación entre a cidadanía e a administración: até agora podíase elixir entre a presencialidade (cos consecuentes desprazamentos e desigualdades territoriais) e os trámites a través da sede electrónica (que require ter coñecementos sobre o trámite e as competencias dixitais necesarias). Councilbox baséase no concepto de presenza dixital: facer un trámite presencialmente, pero a distancia.

A Xunta de Galicia duplica en 2023 os fondos destinados a aforro e eficiencia enerxética

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, anunciou que a Xunta duplicará en 2023 os fondos destinados a aforro e eficiencia enerxética (pasan de 40 millóns de euros a preto de 80 millóns) e, en concreto, destinan a autoconsumo 17 millóns de euros.

A Xunta inicia as obras das novas sendas na Medorra y Paiseo, nos concellos do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar a execución das obras das novas sendas na Medorra e Paiseo, nos concellos do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz, que suporá un investimento de 1 millón de euros. As actuacións, cun prazo de 6 meses, centraranse nas zonas que carecen de espazo para o tránsito de peóns, mellorando a seguridade viaria aos veciños e facilitando os seus desprazamentos a pé, á vez que se revalorizan as zonas polas que pasan.

Galicia utilizará drons para erradicar a pesca furtiva (Aerocamaras)

Os gardapescas da Confraría de Pescadores de “San Martiño” do Grove estanse a formar como pilotos de dron para facer fronte á pesca e marisqueo ilegal, unha actividade que supón multas de até os 60.000 euros e até catro meses de prisión. A través de Aerocamaras, compañía galega especializada no desenvolvemento de vehículos non tripulados e solucións tecnolóxicas para estes equipos, os gardas están a recibir a formación necesaria para certificarse e poder implementar drons no control e vixilancia da pesca furtiva.

O ecosistema biotech galego subscribe acordos estratéxicos con biorrexións de EEUU, Francia e Brasil

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), que preside Carme Pampín, acaba de subscribir acordos de colaboración estratéxicos con biorrexións de Estados Unidos, Francia e Brasil para aproveitar sinerxías e mellorar a competitividade do tecido biotecnolóxico galego. Os acordos permitirán ás catro rexións desenvolver accións conxuntas e promover a súa cooperación.

O sector dixital xa move 114.500 millóns de euros en España e impacta nun 22% do PIB nacional

A patronal tecnolóxica Ametic mide o peso da economía dixital en España. Segundo os datos de varios estudos, as conclusións son positivas. Así, a facturación total do sector tecnolóxico-dixital no noso país medrou un 5,2% en 2021, por riba da media da economía patria e recuperando as cifras prepandemia. Chegamos así até os 114.493 millóns de euros que se moveron neste eido, xa sexa tecnoloxía na súa máis ampla concepción, comunicacións, industria ou contidos dixitais.

Nova convocatoria de axudas do programa Kit Dixital

Red.es publica a terceira convocatoria de axudas destinadas á dixitalización de pequenas empresas de entre 0 e menos de 3 empregados. Na convocatoria detállanse os requisitos para solicitar as axudas, as obrigas que contraen os beneficiarios, os importes máximos de axuda por cada categoría de solucións de dixitalización, a xustificación, o pago e control da implantación das solucións, entre outras materias.

A factura electrónica chegará en dúas fases, en función das vendas

A non moito tardar, as empresas e autónomos van ter que expedir e remitir facturas electrónicas. Agora mesmo e desde o 2015, é voluntario, pero a nova Lei Crea e Crece impono como obrigatorio. As sociedades deben empezar xa a pensar en dar o salto a esta nova realidade.

Tecnópole acolle a exhibición de proxectos emprendedores do Coworking Igape-EOI

A 6ª edición do Coworking Igape-EOI, lanzado pola Xunta e a Escola de Organización Industrial, dá apoio a 220 proxectos emprendedores, principalmente do ámbito rural galego. Un total de 32 emprendedores xa puideron amosar 30 novos proxectos empresariais tras recibir 60 horas de formación e 40 horas de mentorización individual durante o desenvolvemento do programa.

Scada Sismored: un sistema de monitorización de redes de enerxía (Galicia Avanza)

O ámbito da enerxía está dividido en tres grandes bloques: xeración, distribución e comercialización. En España, ademais das cinco grandes empresas, operan unhas 300 distribuidoras de enerxía. En Galicia hai unhas 30. Itelsis, unha firma compostelá, ten como clientes ao redor do 40% do mercado nacional, aos que serven os seus temas Scada, que permiten saber en tempo real o estado da rede e, ademais, tomar accións remotas.

Drons españois inspeccionan os parques fotovoltaicos de Brasil (Aerocamaras)

A tecnoloxía dos drons incorporouse ao sector de enerxías renovables, máis concretamente ao dos parques fotovoltaicos, como ferramenta indispensable para reducir os tempos de inspección e mellorar a precisión das medicións. Estas inspeccións son imprescindibles para garantir que os activos xeren a produción eléctrica esperada e alongar a súa vida útil. Neste campo a compañía española Aerocamaras é un dos referentes en Europa e Latinoamérica.

O deseñador Roberto Verino lanza unha plataforma de alugueiro de prendas especiais

O deseñador ourensán Roberto Verino acaba de lanzar unha nova plataforma de alugueiro de pezas especiais da marca. O proxecto denomínase Black Label e busca un novo modelo máis consciente de moda. «Permitirá que o cliente goce con pezas que por custo se poden afastar dun orzamento de compra, pero que si gozas temporalmente por menos valor para momentos únicos», sinalou Verino.

Páxinas