Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

“Volamos con números: unha aventura aérea”, primeira experiencia da Aula Newton instalada en Tecnópole

O Parque Tecnolóxico de Galicia porá en marcha a finais de outubro a primeira Aula Newton de España con carácter permanente. É unha aula de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas; destinada a promover as carreiras científicas e tecnolóxicas entre os mozos cun enfoque totalmente práctico e moi innovador. Trátase dunha iniciativa promovida por Boeing, a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia e Tecnópole.

A CEO e Tecnópole estreitan lazos co fin de atraer talento e incentivar o investimento

Promover a cooperación para o desenvolvemento de actuacións que permitan atraer talento e incentivar o investimento produtivo, ademais da implantación de novas iniciativas empresariais no territorio. Este é o fin último do convenio de colaboración asinado entre ambas as entidades empresariais, con Marisol Nóvoa por parte da CEO e Javier Taibo como director xerente de Tecnópole. As dúas organizacións continúan así unha traxectoria de cooperación iniciada hai anos.

A empresa tecnolóxica Primux, situada en Tecnópole, instalará Windows 11 nos seus equipos informáticos de maneira gratuíta

Primux é unha empresa tecnolóxica galega con máis de dez anos de traxectoria no desenvolvemento de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios informáticos diversos. Con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, anuncia que vai instalar Windows 11 nos seus equipos informáticos de maneira gratuíta.

Galicia, Asturias e Cantabria crean un clúster para impulsar a eólica mariña no norte

Galicia, Asturias e Cantabria formalizaron a creación do Superclúster Atlantic Wind (SAW), unha alianza para impulsar a enerxía eólica mariña no mar Cantábrico, que parte de tres clústeres do sector integrados por 112 empresas.

A Xunta destinará case 20 millóns ao autoconsumo enerxético en empresas

A Xunta habilitará axudas por 19,8 millóns de euros para impulsar o autoconsumo e o almacenamento enerxético en empresas a partir de fontes renovables. Con esta liña de apoios, o Goberno galego considera que poderían conseguir aforros anuais de 7 millóns nas facturas.

A Xunta inxecta na UVigo 8 millóns para I+D e dixitalización

A Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia asinaron dous convenios de colaboración polos que o Goberno galego inxectará na institución académica algo máis de oito millóns de euros entre o que queda de ano e 2022 co fin de reforzar as estruturas e os programas de investigación avanzada e consolidar o proceso de dixitalización impulsado por mor da pandemia.

A automoción perderá 180.000 millóns pola escaseza global de semicondutores

Os cortes na produción da industria do automóbil, vencellados á falta de materiais semicondutores, seguirá afectando o sector no que queda de ano. A crise dos microchips terá un custo para a automoción a nivel mundial de 210.000 millóns de dólares (uns 179.150 millóns de euros) en vendas en 2021, segundo unha recente estimación da consultora AlixPartners. Unha cifra que case duplica os 110.000 millóns de dólares (uns 93.840 millóns de euros) estimados o pasado maio.

O PERTE do coche eléctrico e conectado enraíza en Galicia da man do CTAG

O PERTE (Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica) do Vehículo Eléctrico e Conectado, que canalizará boa parte dos fondos europeos que se destinen á industria do automóbil nos vindeiros anos, terá ao Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) como socio de referencia. De feito, é o único consorcio especializado en España en validación de tecnoloxías de mobilidade do coche conectado e autónomo.

A educación é clave para atraer as mulleres ás STEM

En 20 anos a presenza feminina na área tecnolóxica só aumentou dun 33% a un 37%. Nun contexto no que as empresas cada vez necesitan máis persoas dedicadas á enxeñaría, prescindir da metade do talento é un luxo que a sociedade non se pode permitir, pero por moito que se fale diso, custa atopar cambios que se levaron á práctica.

As pemes españolas melloran o seu nivel de dixitalización

As pequenas e medianas empresas son unha figura clave do tecido económico español, tanto pola súa alta representación, o 97%, como pola súa transcendencia no día a día. Este tipo de empresas tivo que adaptarse de forma inesperada aos cambios producidos pola Covid-19 co obxectivo de sobrevivir e sacar adiante o negocio. A forma de adaptarse foi a transformación dixital.

Tecnópole acolle a primeira Aula Newton permanente de España

O Parque Tecnolóxico de Galicia vai acoller a primeira Aula Newton permanente de España. Trátase dunha aula de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas; destinada a promover as carreiras científicas e tecnolóxicas entre os mozos cun enfoque totalmente práctico e moi innovador. É unha iniciativa promovida conxuntamente pola multinacional Boeing, a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia e Tecnópole.

Banco Santander lanza 'Hucha Santander' para fomentar o microaforro nas súas canles dixitais coa axuda de Coinscrap (Tecnópole)

Banco Santander lanzou “Hucha Santander”, unha nova ferramenta de microaforro para as súas canles dixitais (app e web) que permite aos clientes alcanzar obxectivos de aforro mediante a configuración de regras automáticas, como o redondeo de compras ou as achegas periódicas.

Páxinas