O 93% das empresas españolas aumentará o seu presuposto en innovación nos próximos dous anos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

A innovación ocupa un lugar estratéxico nas empresas españolas, ata o punto de que o 93% destas ten pensado incrementar o presuposto destinado a esta área, segundo datos ofrecidos por Deloitte. Desta forma, España sitúase á cabeza da innovación, por enriba da media europea do 88%, ocupando o segundo posto no ranking de países con maior porcentaxe de compañías que aumentarán o investimento en innovación.

O estudo da consultora sinala tamén que nos dous últimos anos as empresas españolas apostaron por tecnoloxías como cloud computing, na que investiron o 76% das organizacións enquisadas, ou data analytics (71%) e robotics (56%). En cambio, nos próximos dous anos, os investimentos tecnolóxicos das compañías españolas estarán dirixidos a intelixencia artificial, no 41% dos casos, e aos dispositivos wearables (43%).

Os desafíos das empresas españolas ante a innovación

A adaptación ás expectativas dos clientes, a aparición de novos modelos de negocio e a disrupción provocada pola aparición de novos axentes no mercado son os factores principais que impulsan a innovación nas empresas españolas.

A pesar das tecnoloxías, as empresas españolas son conscientes de que o equipo humano seguirá sendo fundamental para o desenvolvemento do negocio. Unha das claves do éxito residirá na capacitación dos equipos, polo que o 56% das compañías valora investir en formación en novas tecnoloxías e métodos de traballo para os seus empregados.

De cara a apoiar a implementación de tecnoloxías dixitais e mellorar os procesos de innovación, as empresas españolas levan a cabo a detección de novas tendencias e o deseño de estratexias. Ademais, o 43% das compañías colabora con universidades e centros de investigación para impulsar a innovación e a inspiración.

En cambio, a resistencia ao cambio continúa sendo o gran reto para innovar para o 50% das empresas europeas. A isto súmase os problemas de seguridade relacionados coa protección de datos e a falta de apoio gobernamental.

(Fonte: directivosygerentes.es)