Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Nace en Tecnópole Laminfy, a plataforma online B2B que conecta a profesionais da arquitectura, interiorismo e construción

A  startup galega Laminfy lanza a súa nova solución dixital, que vén mellorar o crecemento en liña e as relacións comerciais entre profesionais do sector do deseño, a planificación e a construción de espazos (arquitectos,  interioristas, reformas e rehabilitacións, homestagers...).

Aerocamaras doa á Palma un dron para a busca de animais e formará a pilotos

A empresa lalinense Aerocamaras doou á Palma un dron destinado á procura de animais e formará de forma gratuíta aos pilotos locais. A compañía, que colabora co Servizo Integral de Animales de Canarias (SIACAN), doou 1000 euros á entidade para apoiar unha campaña de crowfunding aberta destinada a continuar rescatando animais que quedaron atrapados entre as coadas de lava. SIACAN leva traballando de forma voluntaria desde que comezou a erupción do volcán de Cumbrevieja.

A Xunta e Forestais investigan o uso da madeira para o illamento acústico

Investigar o uso da madeira como elemento de mitigación acústica é o obxectivo do convenio que se está a impulsar entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), e a Universidade de Vigo. Con este acordo, ao que se destinarán 258.762,20 euros, dos que o 86% será unha achega da Xunta, preténdese seguir poñendo en valor novos usos da madeira desde a innovación.

Galicia é a segunda comunidade que máis empresas de biotecnoloxía crea

O sector biotecnolóxico galego consolídase como un referente en España, sendo Galicia a segunda comunidade máis emprendedora o ano pasado. Un dos núcleos duros da actividade “biotech” está na comarca de Vigo, onde se sitúan dúas das tres empresas galardoadas nos Premios Bioga 2021 que outorga o clúster. Son Compañía Española de Algas Marinas (Ceamsa), con sede no Porriño, que foi premiada como a compañía máis competitiva; a viguesa KeyBiological, a máis innovadora; e Celtarys, de Santiago de Compostela, como mellor idea empresarial.

O Foro Económico advirte da fuga de talento galego na área das TIC

Moitas empresas estranxeiras veñen a Galicia a recrutar profesionais en informática e telecomunicacións ofrecéndolles a posibilidade de teletraballar e soldos máis atractivos que os que atopan aquí. É unha tendencia crecente que alimenta a fuga de talento no campo das TIC, un fenómeno que «irá a peor» no curto prazo. Advertiuno o enxeñeiro en telecomunicacións e catedrático da UVigo Fernando Pérez González, un dos autores do informe A Galicia Dixital 2024, impulsado polo Foro Económico de Galicia.

O 5G que vén: robots, conexión ultrarrápida, drons e o metaverso

O 5G segue o seu despregamento en España, tras pecharse o pasado verán a terceira poxa de frecuencias desde 2018 coa licitación da banda de 700 MHz pola que o Goberno captou 1.010 millóns de euros, e na actualidade é o país da Unión Europea que ten o maior volume de proxectos piloto en marcha: uns 120, segundo a patronal DIXITAIS. Este estudo lembraba que o estándar de 5G -aínda unha parte do 5G despregado depende da infraestrutura 4G xa existente- permite xestionar entre 10.000 e 1.000.000 de sensores conectados por quilómetro cadrado.

Como almacenar a información nos vindeiros anos?

En 2010, a nivel global, xeramos unha cantidade de datos próxima aos dous zettabytes, o que equivale a 2.000 billóns de copias de «El Quijote». En 2020 a cifra excedeu os 60 zettabytes… E dentro de catro anos falaremos de 180 zettabytes. Hoxe, neste intre, créanse cada segundo 1,7 MB de datos por habitante… cada pestanexo equivale a un libro completo de «El Quijote» que chega á rede.

2020, o ano da «ciberpandemia»: máis ciberataques e máis perigosos

En 2020 superáronse os peores prognósticos. Foi o ano do apoxeo dos ciberatacantes máis avanzados». Así de tallante exprésase o Centro Criptológico Nacional (CCN-CERT), órgano adscrito ao Centro Nacional de Inteligencia (CNI), no seu último informe sobre «Ciberamenazas y tendencias» correspondente a 2020. E non é para menos, pois o ano no que estalou a pandemia do coronavirus xestionaron en España máis de 82.000, o dobre que en 2019.

Galicia contará en 2022 cunha guía de integración paisaxística de parques empresariais para buscar o seu desenvolvemento harmónico coa contorna

Galicia contará este ano coa primeira Guía de boas prácticas para a integración paisaxística de parques empresariais, un manual impulsado pola Xunta no que se recollerán toda unha serie de ideas e recomendacións para buscar que o desenvolvemento deste tipo de espazos na Comunidade se faga de forma harmónica e integrada coa contorna.

“Ibérica de Esponjas Vegetales”, apoiada polo programa Agrobiotech de Tecnópole, acaba de conseguir unha patente europea

“Ibérica de Esponjas Vegetales” é unha empresa agroforestal galega pioneira no cultivo de luffa para a fabricación de esponxas vexetais de uso cosmético e estropallos de cociña ecolóxicos. Con sede na localidade pontevedresa de Caldas de Reis, é a principal empresa europea dedicada ao cultivo e procesado desta especie vexetal. Froito de anos de investigación, conseguiron unha variante xenética propia e, como resultado, unha fibra vexetal de moi alta calidade.

A empresa de Tecnópole Lincbiotech, á cabeza na cura da covid-19

A empresa ourensá Lincbiotech, con sede en Tecnópole, lidera unha iniciativa cuxo obxectivo é atopar un tratamento para a covid-19. O proxecto, chamado “BioTICfinder”, busca atacar certas proteínas que compoñen o virus a través de aptámeros, isto é, unhas secuencias de ADN que adoptan a forma de estruturas tridimensionales únicas, o cal lles permite recoñecer un branco específico con grande afinidade.

Galicia reactiva os coworkings para impulsar o emprendemento

Dinamizar as economías locais apoiando a creación de emprego de calidade e aproveitando os recursos e fortalezas das distintas zonas da comunidade para crear novas oportunidades económicas, fixar poboación e fomentar novas alternativas para facer os pequenos concellos máis atractivos e competitivos son algúns dos obxectivos da rede de coworkings que a Xunta de Galicia puxo en marcha en 2016 e que reactivará no primeiro trimestre de 2022 coa posta en marcha de once espazos.

Páxinas