Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O vídeo do colexio Santo Ángel de Ourense e Tecnópole gaña o concurso de retos ODS do programa “Ciencia e Tecnoloxía en feminino” de APTE

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrado. O obxectivo desta iniciativa é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería ou Matemáticas-, debido á súa baixa participación nestas materias.

Drons galegos cruzan o Atlántico cara a Latinoamérica

A crecente demanda enerxética levou a moitos países a reforzar as súas fontes de enerxía renovables e non dubidan en apostar polos drons para mellorar o mantemento das infraestruturas por un dobre motivo: abarátanse custos e minimízanse os riscos para as vidas humanas. Ante este novo escenario, Aerocámaras, compañía líder en formación e operacións con aeronaves non tripuladas, desenvolveu un sistema de inspeccións técnicas de parques eólicos co que xa opera tanto a nivel nacional como internacional, destacando a súa recente  presenza en Latinoamérica.

Coren lidera o transporte ferroportuario de mercadorías

Coren é o maior cliente do transporte ferroportuario de Galicia. Dous terzos das mercadorías que son transportadas por ferrocarril procedentes dos portos galegos teñen o seu destino nas factorías de procesado de pensos que a cooperativa ourensá posúe en San Cibrao das Viñas. En 2020 supuxo un volume superior ás 300.000 toneladas, dun total de algo menos das 450.000 que foron descargadas en todos os portos galegos e transferidas aos seus respectivos destinos a bordo de trens mercantes.

Patricia Alonso, directora de Akunatura: “Realizamos probas de PCR con resultados no mesmo día”

Akunatura é unha empresa experta nas necesidades analíticas tanto de empresas privadas como públicas que comezou a súa andaina en 2007. O seu prestixio non deixou de medrar grazas á variada gama de servizos relacionados coa saúde. Conta cun laboratorio de análise clínica onde se realizan análises de sangue, ouriños, cultivos, análises microbiolóxicas… Traballan con aseguradoras e clínicas de toda Galicia.

Nova liña de axudas para consolidar e impulsar pemes do sector biotecnolóxico

O Consello da Xunta aprobou unha nova liña de axudas para consolidar pequenas e medianas empresas (pemes) do sector biotecnolóxico con menos de oito anos de antigüidade. Destinaranse a este fin até tres millóns de euros, procedentes dos fondos REACT-UE.

En marcha unha nova edición de ‘Responsabilízate’, que impulsa a sostibilidade e competitividade das pemes

A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa “Responsabilízate”, unha iniciativa que ofrece asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes a incorporar criterios sustentables na súa xestión a través da aplicación de valores ambientais, sociais e de gobernanza, así como no desenvolvemento da Responsabilidade Social Empresarial (RSE).

A Xunta dá bonos a pemes para a eficiencia enerxética

A Xunta ofrece o Bono de Enerxía Peme ás pequenas e medianas empresas para renovar os seus equipamentos e lograr un maior aforro enerxético. Este programa impulsouse o ano pasado para reactivar a economía debido á situación xerada pola Covid-19. Agora vólvese a convocar dentro do plan de choque da Xunta de Galicia para facer fronte á actual carestía dos produtos enerxéticos e a inflación.

A segunda vaga do kit dixital para pemes con fondos europeos será entre xuño e xullo

O Goberno lanzará a segunda convocatoria do kit dixital para dixitalizar pemes cos fondos europeos en xuño ou xullo para firmas de entre tres e nove traballadores, mentres que a terceira iniciarase en setembro ou outubro para compañías e autónomos de entre cero e dous empregados. Así o confirmou o director xeral de Red.es, Alberto Martínez Lacambra, quen desvelou que ambas estarán dotadas con 500 millóns de euros cada unha, como a primeira convocatoria, ampliables segundo as peticións que reciba o seu departamento, dependente do Ministerio de Economía.

O 3 de maio remata o prazo participar en “Galicia Avanza”, o programa de aceleración para a internacionalización de pemes innovadoras impulsado pola Xunta e Tecnópole

As pemes innovadoras galegas que desexen participar no programa de aceleración “Galicia Avanza” para favorecer a súa internacionalización teñen de prazo até o 3 de maio para presentar as súas solicitudes. Este programa, que se porá en marcha desde Tecnópole, xorde da colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia.

Unha app para democratizar o investimento en Bolsa da man da empresa de Tecnópole TxStockData

Non é necesario ser un experto para poder investir en Bolsa. A aplicación Senseizero, creada por dous mozos galegos, é hoxe unha potente ferramenta que empregan tanto investidores experimentados como aquelas persoas con menor cultura financeira. Esta startup naceu no seo da aceleradora de Abanca co obxectivo de dar accesibilidade e oportunidades de investimento a usuarios non tan experimentados no mundo das finanzas, pero tamén para educar á poboación máis nova co fin de que perdese o medo a investir.

O fondo Nexxus Iberia adquire unha participación da firma Aerocámaras

O crecemento exponencial da firma Aerocámaras, que cumpre tres lustros de vida en 2022, que se sitúa cada ano en taxas de crecemento por enriba do 50% e que rolda os dez millóns de vendas cativou o interese dos fondos de capital privado. As negociacións posibilitaron que un deles, Nexxus Iberia, acabe de pechar a adquisición dunha parte significativa da empresa, que nestes intres lidera no noso país o desenvolvemento, formación, vendas, xestión aeronáutica e servizos profesionais con drons.

18 millóns de euros a medidas contra a ciberdelincuencia

O Informe de medidas en materia de ciberseguridade lideradas pola Xunta de Galicia fai referencia a actuacións en marcha ou que comezarán a aplicarse en 2022 e que suman investimentos de preto de 18 millóns de euros. O informe enmarca as actuacións da Xunta en materia de ciberseguridade nun decálogo de medidas de tres tipos: as infraestruturas e operacións, a estratexia de colaboración público-privada, e a formación e concienciación.

Páxinas