Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Regresa a Galiencia presencial baixo o lema da “Economía Circular”

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación; e co patrocinio da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación).

Tecnópole asina un convenio co laboratorio Akunatura para a realización de probas PCR ás empresas e traballadores do Parque

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- e o laboratorio Akunatura de Ourense -situado en Tecnópole- veñen de asinar un convenio de colaboración. O obxectivo deste acordo é ofertar a todas as empresas e entidades instaladas no Parque e aos seus traballadores un servizo de análise e detección precoz de posibles casos positivos de Covid-19.

Desenvolvemento de produtos alimentarios naturais a partir de castaña (Centro Tecnolóxico da Carne)

Amarelante Sociedade Cooperativa Galega está a desenvolver novos produtos naturais a partir da castaña como son a castaña seca, fariña de castaña e bica de castaña. “Nun principio centrámonos na venda de castaña fresca pero dende o 2015 demos un paso máis e con axudas adquirimos a nave e a maquinaria necesaria para comezar o proceso de transformación” -indica Óscar Freire, un dos socios que está detrás deste proxecto.

Aerocamaras realizará cursos de formación para pilotos en Sudamérica

A compañía especializada en drons, Aerocamaras, cuxo creador e máximo responsable é o lalinense Jaime Pereira, anunciou a estrea dun curso presencial para formar pilotos en Sudamérica. Trátase dunha formación especializada para instruír a profesionais na inspección de parques eólicos, redes eléctricas e paneis solares, así como a aprendizaxe relacionada coa topografía e a fotogrametría con utilidades en actividades de agricultura de precisión e planificación de voos.

Ourense ten solo empresarial sen ocupar pero prevé ampliacións de máis de 3 millóns de m2

Ourense, a provincia cos números máis reducidos de poboación, actividade laboral e empresas de Galicia, á cola en varios indicadores demográficos e económicos -segundo o informe Ardán, é a máis atrasada da comunidade en parámetros como os ingresos de explotación e o valor engadido xerado-, proxecta a ampliación de varios parques empresariais para gañar, en total, máis de 3 millóns de metros cadrados para o asentamento de empresas.

2022: As redes privadas de 5G para empresas, cada vez máis preto

Todos os analistas tecnolóxicos coinciden en sinalar que o primeiro impacto da tecnoloxía móbil 5G producirase no segmento empresarial e especialmente no das empresas industriais e loxísticas. E aínda que España está moi atrasada na adopción do 5G empresarial, o ano que agora comeza está chamado a ser clave no desenvolvemento das redes de 5G corporativo.

Comezan as convocatorias para que as pemes accedan ao bono dixital

As bases que regulan a concesión das axudas do Programa Kit Dixital para impulsar a dixitalización de pemes e autónomos en España xa son públicas. A orde que establece o marco para o lanzamento das convocatorias foi publicada no Boletín Oficial do Estado e xa está en vigor.

As axudas que se outorgan ás empresas van en función do número de empregados. Así poderán acceder a axudas de 12.000 euros, no caso de ter entre 10 e 50 empregados; 6000 euros, para aquelas de entre 9 e 3 empregados; e 2000 euros, para as de menos de 3 e ningún empregado.

A Xunta abrirá unha oficina para asesorar en temas de ciberseguridade

A Xunta, a través da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), asinou un contrato con Telefónica para pór en marchar unha oficina técnica que se encargará de asesorar en temas de ciberseguridadE a distintas Administracións públicas, así como de concienciar e formar na materia a funcionarios, empresas privadas e colectivos sociais e educativos.

O programa ReAcciona para as pemes tenrá un orzamento de 3,2 millóns en 2022

O Goberno galego abriu unha nova edición do programa Re-Acciona, que permitirá apoiar con máis de 3,2 millóns de euros a posta en marcha de até 670 proxectos e, desta forma, mellorar a competitividade das pemes galegas, facilitándolles o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización ou a innovación.

A guía para que as pemes galegas accedan aos fondos Next Generation

Se a súa empresa ten menos de 250 traballadores, mesmo se só ten un, vostede tamén pode acceder aos máis de 140.000 millóns de euros dos fondos de recuperación da Unión Europea. Tal propaganda é necesaria, porque, segundo o último informe dos auditores galegos, menos do 30% das pemes accederán ao diñeiro europeo. Un mal dato que responde, segundo os expertos, a varias cuestións: a pouca capacidade para levantar proxectos merecedores de investimento e, sobre todo, o descoñecemento de como acceder a ela. Pero o labirinto dos Next Generation, ten saída. Aquí, algunhas claves.

Coworking "Igape-EOI-Tecnópole", un espazo para a actividade económica e profesional

O coworking "Igape-EOI-Tecnópole" nace como un novo espazo para a actividade económica e profesional, destinado a impulsar ideas de negocio viables. A convocatoria está aberta a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente -non máis de seis meses antes da súa incorporación ao espazo coworking-. 

A Xunta colabora coa Asociación de Xoves Empresarios de Ourense e con Tecnópole para a posta en marcha dun polígono virtual

O Consello da Xunta aprobou un convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación –a través do Igape–, a Asociación de Xoves Empresarios de Ourense (AJE Ourense) e o Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole, para a posta en marcha dun polígono virtual que ofrecerá a pemes e autónomos galegos distintos servizos dixitais para a xestión e a relación con clientes e provedores, así como servizos en liña de asesoramento profesional no ámbito legal e administrativo.

Páxinas