O 80% dos CIO está a desenvolver proxectos Big Data en 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Os datos, a análise e a gobernanza de datos son prioridade en 2017, como revela a última enquisa de Talend, que recolle, ademais, que o 80% dos responsables de TI asegura estar a desenvolver unha iniciativa de Big Data, case o dobre que en 2016.

O Big Data úsase con maior frecuencia para impulsar melloras internas de procesos e optimizar o servizo ao cliente. O traballo de calquera líder de TI adoita estar dividido entre a introdución de novas tecnoloxías para mellorar o negocio e manter o correcto funcionamento do día a día de xeito seguro e rendible.

Neste sentido, o 27% dos enquisados sinala que o maior impacto dos datos na súa organización está a ser a colaboración na mellora dos procesos internos, seguido de preto pola mellora do servizo ao cliente (20%), a redución dos custos de operación (17%) e a creación de novas fontes de ingresos (17%).

O 26% dos enquisados sinala que a analítica en tempo real é a súa principal prioridade en 2017. A xestión de metadatos é a segunda máis próxima ao 20%, e a preparación de datos de autoservizo é recoñecida como prioridade para o 18% dos enquisados.

Mentres que a Intelixencia Artificial e a aprendizaxe automática ('machine learning'') e o Internet das Cousas (IoT) aínda que están no radar de moitos CIO, préstanlle menos importancia, obtendo só o 10% e o 5% dos votos, respectivamente.

A enquisa, realizada pola oficina central de Talend en Europa a 166 responsables de TI, recolle que para o 35% dos enquisados o seu maior desafío para conseguir a xestión por datos era a relación entre o departamento TI e o Negocio.

Xeralmente, esta brecha na relación de ambas as dúas áreas supón maior obstáculo que calquera presuposto (23%) ou que ter as habilidades necesarias, que só foi identificado como un desafío polo 16% dos enquisados.

Así mesmo, e en relación coas maiores preocupacións, os responsables da toma de decisións de TI mostraron unha división bastante igualada entre o goberno de datos (37%), a calidade dos datos (33%) e o autoservizo (31%).

Estes resultados poñen de relevo, como destaca Talend, a presión exercida polas organizacións para asegurar que os datos sexan limpos, administrados e amplamente accesibles para que os empregados poidan aproveitalos para o éxito do negocio.

(Fonte: EP)