O 69% dos consumidores espera utilizar a tecnoloxía para xestionar os seus fogares nos próximos 50 anos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Actualmente, só o 18% dos consumidores utiliza a tecnoloxía para xestionar os seus fogares fronte ao 69% que espera facelo nos próximos 50 anos. Así o reflicte un estudo da empresa Intel chamado "Next 50" elaborado pola consultora PSB.

O estudo, que tiña como obxectivo analizar as actitudes e percepcións entre a tecnoloxía actual e a de dentro de 50 anos, revelou que o 84% dos consumidores sitúa os fogares intelixentes entre as tecnoloxías máis importantes dos próximos 50 anos. Ademais, máis do 80% dos enquisados cre que os smartphones e PCs seguirán sendo importantes nas próximas cinco décadas.

A vicepresidenta e Investigadora Sénior de Intel, Genevieve Bell, asegurou que "as tecnoloxías emerxentes, como a Intelixencia Artificial e as redes 5G, resultan abstractas e máis complexas de comprender, o cal probablemente xere ansiedade respecto aos cambios que traerán".

Entre as tecnoloxías emerxentes, os consumidores afirman sentirse máis interesados por aquelas co potencial de mellorar a saúde, incluíndo medicina xenómica e os materiais artificiais para transplantes de tecidos ou órganos, ademais da enerxía renovable.

Non obstante, os consumidores non recoñecen o papel que a Intelixencia Artificial (IA) desempeña nas súas vidas na actualidade. A pesar das diferentes aplicacións comúns da IA como, por exemplo, os asistentes de voz, máis dun terzo dos enquisados cre que ningunha das tecnoloxías que teñen á súa disposición emprega a IA.

O estudo revela que este tipo de tecnoloxía chama especialmente a atención aos millennials e pais debido ao seu potencial para facilitar as súas vidas diarias. O 51% dos pais espera que a IA mellore a súa calidade de vida facilitando e automatizando as tarefas diarias, fronte ao 38% de enquisados sen fillos.

Por outro lado, o 53% dos consumidores asegura depender da tecnoloxía para manterse en contacto con familiares e amigos. Ademais, o 56% asegurou temer que as persoas desenvolvan unha excesiva dependencia da tecnoloxía e reduzan o tempo de interactuar entre eles. É por iso polo que o 37% está preocupado porque o uso da tecnoloxía poida facer que unha persoa se ille.

Pola contra, o 61% dos enquisados manifestou sentirse entusiasmados respecto ao potencial das comunicacións 5G de alta velocidade. O 45% dos consumidores cre que fomentarán a unión entre persoas ao permitirlles estar sempre conectadas.

(Fonte: Expansión)