O 60% das empresas quedaron atrás na dixitalización

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A telefonía móbil segue a ser o servizo de telecomunicacións con maior implantación do mundo. Así o certifica o informe sobre La sociedad digital en España 2019, que fixo público a  Fundación Telefónica, a través dunha presentación online na que tomaron parte Pablo Gonzalo, responsable de Cultura Digital y Espacio Fundación Telefónica, e Carmen Morenés, directora xeral da entidade. O informe apunta detalles preocupantes, nun momento en que a pandemia acelerou a dixitalización forzosa da sociedade: o atraso de moitas empresas neste proceso e a carencia de habilidades tecnolóxicas dos españois, que se sitúan por detrás da media da Unión Europea.

De acordo cos datos de 2018, a penetración da telefonía móbil alcanzou as 107 liñas por cada 100 habitantes. Pero o seu crecemento xa non é o que era. Segundo o informe, hai certa saturación: existen 500 millóns de liñas móbiles máis que habitantes ten o planeta. E algo parecido ocorre co mercado de smartphones, para o que o informe de Fundación Telefónica diagnostica “signos de saturación”.

Gonzalo subliñou un dos lados escuros da dixitalización: a falta de competencias e de procesos de dixitalización no tecido empresarial de menores dimensións. “Isto era importante antes, pero agora é fundamental. Como se viu, aquelas empresas que estaban máis dixitalizadas foron as que mellor están a afrontar a crise e aqueles cidadáns que tiñan máis competencia son os que están a poder seguir coa súa educación ou traballar desde casa”, sinalou.

No apartado empresarial, o informe pon o gran reto no tellado de pemes e autónomos e advirte de que dous de cada tres empresas españolas están a quedarse atrasadas no proceso de dixitalización. “A reinvención dixital de España podería ter un impacto que podería alcanzar un valor anual equivalente ao 1,8% do PIB ata 2025”, sinalan. A necesaria aceleración deste proceso, din, é clave para reactivar a economía tras a crise da covid-19 e xerar emprego.

Fonte: El País