O 50% das vendas téxtiles serán online en dez anos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A pandemia provocou en apenas 12 meses o crecemento dixital que se agardaba no sector do retail durante tres anos e, aínda que o ritmo de avance moderarase a curto e medio prazo, as previsións apuntan a que “a canle online suporá un 30% do total das vendas minoristas en Europa en 2029, fronte ao 11% que representou en 2019, segundo o estudo É o ecommerce bo para Europa?, elaborado por Oliver Wyman para Amazon. A súa previsión é que as vendas téxtiles online representen o 50% do total no Vello Continente para esa data, mentres que noutras categorías como libros ou electrónica “a maior parte das transaccións sexan dixitais”. En cambio, considera que as tendas seguirán a xogar un papel fundamental no caso da alimentación. Así, aínda que os establecementos físicos seguirán a xerar dous de cada tres euros do sector retail europeo nunha década, a ganancia de peso da canle online aboca ao sector a unha novo paradigma omnicanle.

“A Covid-19 supuxo un antes e un despois para o ecommerce. Se antes da pandemia se comezaba a atisbar certa desaceleración das vendas pola canle online na maioría dos países en Europa, agora todo indica que o máis probable é un crecemento sostido e constante desta actividade”, sinala María Miralles, socia de Retail e Bens de Consumo de Oliver Wyman.

España medra un 38%

A consultora indica que as vendas online en España medraron un 38% o pasado ano, 2,2 veces máis que en 2019, cando o negocio minorista online avanzou un 18% e alcanzou os 11.500 millóns de euros. No entanto, engade que o mercado nacional segue a ser un dos países europeos cunha menor penetración dixital. “Supuña o 6% do total das vendas en 2019 e agora rolda o 15%, aínda que hai que ver como se estabiliza esta cifra cando rematen as restricións ás aperturas e se recupere a normalidade”, explica Miralles.

“A fórmula que máis medra online son os marketplaces, non só os grandes senón tamén os pequenos. As principais razóns son que cada vez hai máis, preto de 11.000, están máis especializados, teñen cada vez máis vendedores e a pandemia acelerou o seu desenvolvemento”, sinala Miralles. Neste sentido, a consultora prevé que os marketplaces representen o 49% do ecommerce en 2030, fronte ao 29% o pasado ano. Amazon medrou entre 2018 e 2020 catro veces máis que a media da canle online e Alibaba fíxoo o dobre.

Fonte: Expansión