5 claves esenciais para innovar

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Se nunha sala reuniramos as persoas máis innovadoras do mundo e lles pediramos que definiran que é necesario para innovar… ¿compartirían a mesma opinión? Probablemente o farían na esencia, pero cada un, cos seus matices, lograrían pintar un cadro moi ilustrativo de cuestións claves para romper co establecido e ser capaz de crear algo completamente novo.  

Algo similar debeu pensar Gijs van Wulfen,  experto en innovación e creatividade, creador do Forth Innovation Method e autor do bestseller "The innovation expedition",  cando creou este artigo.

Gijs van Wulfen decidiu seleccionar 10 famosos innovadores, recoller 3 pensamentos sobre innovación de cada un deles e apostilar cunha cita contundente. E o resultado é revelador, ilustrativo e inspirador:

Jeff Bezos (fundador de Amazon.com)

Sé un investigador minucioso
Crea un equipo diverso de persoas con talento
As ideas son fáciles. A execución é o difícil
Cita: “Estate preparado para camiñar en lugares onde outros non estiveron xamais"

Richard Branson (fundador de Virgin Group)

Sae fóra da rúa zona de confort
Mestura negocios con pracer
Toma riscos calculados
Cita: "O reto é seguir adiante cunha grande idea"

Michael Dell (Fundador Dell Computer Corporation)

Ten un gran soño
Rompe a cadea de valor (vende directamente)
Pasa tempo cos clientes
Cita: "Non é necesario ser un xenio, nin un visionario, nin sequera ter unha carreira universitaria para ter éxito. Só necesitas o marco e un soño"

James Dyson (fundador Dyson company)

Ten curiosidade
Utiliza novas tecnoloxías para solucionar problemas comúns no día a día
Deseña o produto perfecto
Cita: “Nunca aprendas do éxito, pero si aprende do fracaso"

Steve Jobs (Cofundador de Apple)

Comprométete coa perfección
Di non a mil cousas
Vende soños, non produtos
Cita: “A innovación é o que distingue a un líder dun seguidor"

Ingvar Feodor Kamprad (fundador de IKEA)

Rompe o molde
Simplifica
Persiste
Cita: "Só aqueles que están espertos non cometen erros"

Shigeru Miyamoto (Creador de Super Mario, Donkey Kong e Nintendo Wii)

Empeza desde cero
Sé o primeiro
Escoita a túa voz interior
Cita: “Para crear un novo modelo, estándar, debes querer afrontar o reto e divertirte con el”

Larry Page e Sergey Brin (cofundadores de Google)

Mellora a vida do máximo número de persoas posible
Ofrece valor gratis
Non te tomes demasiado en serio
Cita de Larry Page: "Bo non é suficientemente bo"  

Elon Musk (Paypal, Tesla e SpaceX)

Traballa 80-100 horas por semana
Escolle o equipo adecuado
Descubre cando crecer
Cita: “Queres ter un futuro cando esperas que as cousas vaian a mellor, non cando esperas que vaian a peor"

Desmond Tutu (Innovador, Arcebispo e activista de dereitos humanos)

Sé auténtico
Sé crítico e fala claro
Nunca abandones
Cita: “Quixera poder calar, pero nin podo, ni quero"

Resumindo estes 30 pensamentos, podemos chegar a 5 claves esenciais:

Pensa ao grande
Sé Orixinal
Sé Perfecto
Sé Crítico
Persevera

(Fonte: Innovaticias)