1000 quilómetros de estrada solar en Francia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

En Francia, as autoridades ambientais e de transporte están a traballar nun ambicioso proxecto cuxo obxectivo é cubrir o chan de 1000 quilómetros de estrada con placas solares. Trátase dunha iniciativa que no caso de resultar exitosa podería proporcionar electricidade a cinco millóns de persoas, o que representa o 8% da poboación francesa.

A ministra francesa de Ecoloxía e Enerxía, Ségolène Royal foi quen informou sobre o proxecto, cuxa primeira pedra -ou máis ben, placa solar- colocarase durante a primavera deste ano. Dende a Axencia de Xestión de Medio Ambiente e Enerxía de Francia sinalan que catro metros de estrada solar son suficientes para aprovisionar de enerxía eléctrica a un fogar. Cada quilómetro cuberto de paneis solares fornecerá de electricidade a 5000 habitantes.

Despregamento e financiamento

Se o comezo do proxecto está previsto para esta primavera, o despregamento completo dos 1000 quilómetros de estrada solar prolongarase durante os próximos cinco anos. Royal afirmou que os traballos se financiarán, polo menos parcialmente, cunha suba de impostos nos combustibles fósiles. A ministra comentou que o descenso do prezo do petróleo ofrece unha oportunidade para subir os impostos. De aí preténdense obter entre 200 e 300 millóns de euros.

Os paneis da estrada solar fabrícaos a empresa especializada en construción Colas, que os presentou o pasado mes de outubro. Tardáronse cinco anos en desenvolver estas placas de sete milímetros de grosor que empregan un filme de silicio policristalino para converter a enerxía solar en electricidade.

Non obstante, o proxecto francés non está só. A iniciativa chamada Solar Roadways, que obtivo un financiamento aplastante a base de crowdfunding no seu momento, tamén ten previsto construír estradas solares. Segundo os seus cálculos, cubrir todas as vías públicas de Estados Unidos coa súa tecnoloxía (aínda en desenvolvemento) proporcionaría unha cantidade de electricidade como para abastecer tres veces o país.

(Fonte: Diario Ecología)