Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A UVigo, entre as cen mellores do mundo en Tecnoloxía dos Alimentos

O prestixioso ranquin de Shanghai deu a coñecer unha clasificación das mellores universidades do mundo en 54 materias ou ámbitos. Nela, a Universidade de Vigo (UVigo) sitúase entre as institucións académicas de referencia en 12 categorías, destacando a posición que ocupa nos ámbitos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, entre as 75 mellores do mundo, e nas 100 primeiras en Oceanografía.

O sector tecnolóxico crea en 2019 un total de 191 compañías e máis de 1.000 postos de traballo

O sector TIC galego creou en 2019 un total de 191 empresas, que supuxeron 1.030 novos empregos, un 4,4% máis ata un total de 24.338 traballadores. Segundo informou a Xunta, o incremento de empresas é do 5,5% na comunidade galega, por enriba da media estatal, con base no estudo do Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga).

A empresa de Tecnópole “Amodo Soluciones” desenvolve a primeira aplicación para móbiles en España que permite aos usuarios coñecer os establecementos máis seguros en relación á COVID-19

Amodo Soluciones é unha empresa galega especializada no desenvolvemento de software, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-. Deseñou unha aplicación móbil que permite aos usuarios coñecer os establecementos máis seguros en relación á COVID-19, a primeira app destas características en España.

O investimento en I+D das entidades dos parques científicos e tecnolóxicos españois medra un 12% alcanzando os 1.264 millóns de euros

Os parques científicos e tecnolóxicos españois seguen a medrar e a apostar polo investimento en I+D+i, ámbito que, aínda que está a sufrir grandes recortes orzamentarios, segue en alza na contorna dos parques, tal e como demostran as cifras presentadas por APTE na súa Asemblea Xeral.

A Xunta crea unha aceleradora de pemes contra o coronavirus

A Xunta de Galicia vai poñer en marcha unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19. Na iniciativa Connect-19 poderán participar 20 pemes, que recibirán asesoramento individualizado, capacitación comercial e técnica e potenciarán a súa capacidade de captación de financiamento, fortalecendo así o seu acceso ao mercado.

A seguridade e a prevención laboral premian ao Polígono San Cibrao

Mutua Universal concedeu unha mención especial nos V Premios Innovación y Salud á Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao, na categoría Pemes, polas medidas tomadas en materia de seguridade laboral e respecto ao medio ambiente. O seu mapa de riscos foi o seleccionado porque "identifica os diferentes escenarios de emerxencia e as súas consecuencias na zona empresarial", sinalan desde o xurado.

Agroamb, candidata aos Premios Europeos do Medio Ambiente á Empresa

A empresa Agroamb será a única aspirante galega aos Premios Europeos do Medio Ambiente á Empresa, concedidos pola Comisión Europea, e que subliñan o valor de aquelas firmas que combinan con éxito a viabilidade económica dos seus proxectos coa protección do medio ambiente. A compañía é candidata na categoría “Proceso”, que recoñece a aplicación de técnicas innovadoras que fagan unha aportación positiva no aspecto medioambiental e de sostibilidade aos procesos produtivos.

AeroCovid supervisa desde o aire o aforo e a distancia

A empresa Aerocámaras e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) remataron xa o desenvolvemento de AeroCovid, un sistema de vixilancia baseado en intelixencia artificial (IA) que permite controlar o aforo nas praias e en calquera recinto.

Esta tecnoloxía, con drons de última xeración, prové información en tempo real sobre a cantidade de persoas nun espazo público determinado, así como a distancia entre elas.

A Comisión Europea financiará os ensaios en animais da vacina galega contra o virus

O proxecto liderado desde Galicia para a creación dunha vacina contra o coronavirus SARS-CoV-2 avanza e consolídase. Acaba de recibir o apoio da Comisión Europea, a través da European Vaccine Initiativa, que se encargará de financiar os ensaios preclínicos en animais de laboratorio.

Sanidade reactiva a convocatoria de proxectos a desenvolver no Living Lab

A Consellería de Sanidade retoma a convocatoria para a presentación de ofertas, por parte de empresas innovadoras e de novas tecnoloxías, a desenvolver no Living Lab do Hospital Universitario de Ourense. Ten como obxectivo conectar ao tecido produtivo e empresarial galego, dos sectores máis innovadores, co sistema sanitario público, coa finalidade de desenvolver conxuntamente iniciativas para mellorar a asistencia e a atención sanitaria aos cidadáns.

Clusaga convoca os premios ás mellores empresas de alimentación de Galicia

Búscase empresa do sector da alimentación con sede en Galicia que teña un produto innovador, un gran proxecto empresarial ou unha estratexia de mercado e internacionalización. Estas son as tres categorías que se recoñecen nos Premios Galicia Alimentación que, un ano máis, organiza o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). A convocatoria deste ano xa se abriu e, ata o próximo 31 de xullo, poderán presentarse as candidaturas na web desta entidade.

España marca o cuarto maior progreso de dixitalización da UE

España é o cuarto país da UE que maior progreso logrou en materia de competitividade dixital durante o último ano, segundo o Índice sobre Economía e Sociedade Dixitais (DESI) de 2020 presentado pola Comisión Europea. Os principais avances anotáronos Irlanda, Holanda, Malta e España, moi por encima da media.

Páxinas