Un dos poucos aspectos positivos que deixará a pandemia é unha oportunidade histórica para crear unha sociedade dixital e sustentable. As axudas europeas para combater a crise económica ascenden a 140.000 millóns de euros. O plan de reconstrución obriga aos países a destinar un 33 % á dixitalización e outro tanto á transición enerxética. Así, España pode retomar o camiño que emprendeu hai unha década e que lle permitiu converterse nun referente mundial en enerxías renovables. Esta vez parece que non haberá tantos obstáculos para chegar até o final.
Ser un referente no desenvolvemento e implantación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais, a nivel local, nacional e internacional. Con ese obxectivo nace Viratec, o clúster galego de solucións ambientais e economía circular.
Científicos galegos da Fundación Biomédica Galicia Sur, da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e da Fundación Profesor Novoa Santos impulsarán, entre 2020 e 2021, unha decena de proxectos de investigación vinculados á covid-19, cos que pretenden “anticiparse” ao virus, “coñecer” a súa estrutura, e prever as súas secuelas, entre outros obxectivos. Trátase de iniciativas que foron seleccionadas no programa de axudas da Xunta Traslaciona covid-19, e que recibirán subvencións que suman medio millón de euros.
Se a súa idea chega a porto, o ano que vén esperan ter un prototipo de kit que non só podería revolucionar a detección da covid-19 e corrixir o actual infradiagnóstico, senón que permitiría ter unha visión clara e fidedigna de como está a pandemia na comunidade e, por tanto, mellorar o control dun virus co que -cada vez parece máis seguro- haberá que convivir longo tempo. E todo a través do móbil.
A revolución do tratamento do cancro chámase CAR-T e Galicia meteuse de cheo na carreira por desenvolvela. A Consellería de Sanidade ten previsto crear o próximo ano un centro en Santiago. Farao a través da empresa pública Galaria, que planea investir tres millóns de euros, segundo consta nos orzamentos desta sociedade para 2021.
O Parque Tecnolóxico de Galicia promove desde o ano 2006 Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade e que busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Conta co apoio da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).
A empresa de Tecnópole Amodo Soluciones, especializada no desenvolvemento de software, recibiu o Premio Iniciativa Empresarial do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) pola súa aplicación móbil “Localsafe”. É a primeira app española que permite aos usuarios coñecer os establecementos máis seguros fronte á Covid-19.
A USC traballa no desenvolvemento de tres vacinas contra a covid-19, dúas delas a partir de proxectos propios. Grupos como o dirixido por José Manuel Martínez Costas promoven, ademais, tecnoloxía específica, que recibiu apoio da Comisión Europea e que vai probarse en Alemaña e os Países Baixos, segundo explicou Tomás Pouse, investigador deste grupo.
Unha muller de 55 anos que fuma, ten obesidade e padece hipertensión que recibise un diagnóstico positivo en Covid por PCR e atópese en seguimento domiciliario ten un 23,18% de risco de precisar hospitalización, un 2,4% de ingreso na unidade de coidados intensivos e un 0,58% de chegar a falecer. Para un home de 60 con insuficiencia cardíaca e obesidade o risco de ter que acabar nunha cama de hospital elévase ao 48 por cento e tamén aumentan as expectativas de ter que recorrer á UCI, até o 8,29%, e de morrer, até o 2,23%.
En plena pandemia do coronavirus, empresas galegas de distintos ámbitos viron multiplicar a súa facturación ao redirixir a súa produción cara ao negocio anticovid, a través de bens como as máscaras, o produto estrela pero non o único no mercado da nova normalidade.
Até cen mil pavos á semana nacerán nas novas instalacións do grupo alimentario Coren no concello ourensán de Vilamarín. A cooperativa acaba de pór en marcha unha incubadora que equipou coa última tecnoloxía e que lle permitirá algo que non podía facer até agora: completar o ciclo de produción de pavo nas súas instalacións.
A Xunta e a compañía Indra comezaron as probas de voo finais do “Targus”, o avión opcionalmente pilotado civil “máis avanzado desenvolto até a data en España”, segundo destaca a Consellería de Industria.
Feita no marco do polo aeroespacial de Rozas, en Castro de Rei, a nave está preparada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección ambiental e do territorio e control de usos do solo, entre outras aplicacións.