Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Motor, metal e madeira: as tres M que impulsan á exportación galega

O barómetro de exportacións (Baexga) que elabora o Foro Económico de Galicia certifica que o mal comezo de xaneiro foi unha “fochanca” xa superada e agora, tras a recuperación experimentada en febreiro, a emisión de mercadorías “volve á senda de achegamento” aos niveis previos á pandemia, alcanzando o 91,6% daqueles valores. En toda España están aínda no 88,5%.

Galicia quere levantar a construción con madeira con 29 millóns en axudas

A candidatura galega de proxectos aspirantes a captar fondos europeos para a recuperación integra catro iniciativas centradas en dar unha lombeirada e modernizar a industria forestal cun investimento total de 41,4 millóns de euros. Destes recursos, algo máis de 70 cada 100 euros -29,4 millóns- destinaríanse a un plan de axudas para potenciar o uso de madeira local na construción. Trataríase de subvencións para familias e empresas que aposten por este material en edificacións e infraestruturas en contornas urbanas e rurais e na esfera industrial.

Greenalia, a por cimentacións flotantes ‘made in Galicia’ para a eólica mariña

Greenalia é unha das compañías que nunca escondeu que pretende aproveitar o inmenso potencial da eólica mariña en Galicia. O seu presidente, Manuel García, avanzou a súa proposta para impulsar, xunto con diferentes socios, un proxecto de fabricación e ensamblaxe de cimentacións flotantes en Galicia en paralelo ao desenvolvemento desta fonte nas costas. O plan xa foi trasladado pola compañía ao Ministerio de Transición Ecolóxica a través dun manifesto de interese na última convocatoria aberta pola administración central, informan fontes da compañía enerxética.

Usan drons no Xistral para estudar a riqueza vexetal

Drons na Serra do Xistral. O seu emprego permite lograr imaxes nítidas, máis que as que se logran por satélite, e a súa finalidade é científica, derivada do estudo da flora que se realiza nesa zona. O traballo, denominado Life in common land, está impulsado pola Deputación de Lugo coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Universidade da Coruña (UDC).

Enerxía verde que convence a pemes e institución galegas

No nicho das enerxías renovables atopou o seu espazo a empresa ourensá Solgaleo. Creada no ano 2018, está en plena fase de crecemento con tres liñas de traballo diferenciadas e que abranguen desde a simple subministración enerxética a empresas e particulares até o autoconsumo. Unha terceira vía de negocio ten que ver coa xestión de residuos e os equipos de contenerización.

O investimento en ciencia foi un 42% menos en 2020 que en 2009

O Goberno español investiu o ano pasado uns 2658 millóns de euros en investigación científica, desenvolvemento e innovación (I+D+I), case un 42% menos que en 2009, segundo os datos do Ministerio de Ciencia. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, presentou o 9 de xullo de 2020, tras a primeira onda da pandemia, un plan de choque para impulsar a ciencia española, lastrada por unha década de recortes.

Volve o campamento tecnolóxico de verán de Tecnópole

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- promove, un ano máis, a IX edición do campamento tecnolóxico de verán T2W -Tecnópole Technological Workshops-, en colaboración coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia.

ASPANAS está a preparar os kits con material científico que recibirán os participantes en Galiciencia

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde 2006. Diríxese a estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta 16ª edición celebrarase os días 26, 27 e 28 de maio, coa temática “A innovación Pos-COVID a través da revolución do talento”.

Novos cursos para nen@s e moz@s a través da plataforma online Steambites

A plataforma de formación experimental e a distancia Steambites arrincaba a finais do pasado ano impulsada polo Parque Tecnolóxico de Galicia e Atresmedia Formación. É unha alternativa para @s moz@s que desexen aprender e experimentar en materia de ciencia e tecnoloxía.

Os participantes reciben un kit nos seus domicilios con material científico e tecnolóxico, que lles permite ir aplicando os coñecementos impartidos a través da plataforma online. Ademais, os alumnos dispoñen de licenzas para as aplicacións que o requiran, como Minecraft ou Cospaces.

O 50% das vendas téxtiles serán online en dez anos

A pandemia provocou en apenas 12 meses o crecemento dixital que se agardaba no sector do retail durante tres anos e, aínda que o ritmo de avance moderarase a curto e medio prazo, as previsións apuntan a que “a canle online suporá un 30% do total das vendas minoristas en Europa en 2029, fronte ao 11% que representou en 2019, segundo o estudo É o ecommerce bo para Europa?, elaborado por Oliver Wyman para Amazon.

A Galicia eólica superouse a si mesma no ano da pandemia

O 2020 foi un ano negro para España. Social e economicamente. Pero algunhas alegrías deparou. Entre elas, para o negocio da enerxía eólica. Os muíños de vento viraron alleos á pandemia como nunca antes o fixeran. Tanto que Galicia anotou o mellor rexistro de xeración eólica da súa historia, 9992 gigavatios hora, un 15% máis que o ano anterior, que converteron á comunidade na segunda do país máis produtora, só por detrás da veciña Castela e León, con 12.500 xigawatts hora.

Catorce proxectos na terceira edición da aceleradora BFFood

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario galego impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e empresas de referencia neste ámbito industrial, ten en marcha a súa terceira edición, para a que se seleccionaron un total de 14 proxectos. En concreto, seis acceden ao programa de consolidación e oito ao de aceleración.

Páxinas