Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

O Agrobiotech Innovation Fest abre a inscrición cun formato totalmente renovado para a súa celebración o 22 de novembro

O evento de referencia en Galicia para a innovación nos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa renova totalmente o formato na súa terceira edición, que acaba de abrir a inscrición a través da web fest.agrobiotech.gal. O Agrobiotech Innovation Fest terá lugar o 22 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole cun enfoque festivaleiro que inclúe novidades como os combates dialécticos nun ring de boxeo.

Unha das referentes do programa Ciencia e Tecnoloxía en Feminino de Tecnópole asinou co Nobel de Química

Hai un par de semanas que Marta Otero Leal, física do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, con sede en Ourense, engrosou o seu currículo cun mérito de hai 13 anos. Esta científica, que participou recentemente como referente no programa Ciencia e Tecnoloxía en Feminino de Tecnópole, asinou en 2006 un artigo con John B. Goodenough, o estadounidense ao que a Real Academia de Ciencias de Suecia concedeu a principios de outubro o Nobel de Química como un dos pais da batería de ións de litio.

A Xunta promove o uso dos incentivos fiscais á I+D+i como un mecanismo para impulsar o financiamento da innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destaca a importancia de que as pemes coñezan os incentivos fiscais estatais e autonómicos á I+D+i para aumentar o seu aproveitamento. Durante unha xornada informativa, Argerey sinalou que este tipo de financiamento indirecto da innovación pode alcanzar entre un 12 e un 51% de dedución sobre o investimento en I+D+i, e que é compatible, con certos límites, coas axudas directas á innovación.

Un proxecto ourensán optimiza empresas a través de algoritmos

Os algoritmos matemáticos poden axudar a previr anomalías e problemas nas cadeas de produción industriais ou no día a día das empresas, un uso acertado pode traducirse nunha optimización dos procesos industriais ou de calquera outra índole, e tamén son de elevada utilidade para administracións e institucións. Así o sinala o ourensán Raúl Casas, coordinador do equipo de científicos de datos e de estatísticos Dynamo, do que forman parte o tamén ourensán Brais González, Manuel Vahamonde e Paloma Castro.

Xornada para descubrir materiais sustentables para o envasado de alimentos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria celebra o próximo xoves 14 de novembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) unha nova xornada de traballo no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020.

O workshop "Novos materiais para packaging sustentable" ten por obxectivo difundir entre as empresas e os profesionais do deseño galegos as oportunidades que abren os materiais innovadores para o envasado de alimentos coa menor pegada ambiental posible.

Robots "made in Spain" á conquista do mercado internacional

Dende hai dez anos, Boston Dynamics, compañía propiedade de SoftBank, consegue chamar a atención en redes e medios ao mostrar as virguerías que os seus robots son capaces de facer. Pero en todo este tempo, ningún destes rechamantes equipos se puxera á venda. Pois ben, Boston Dynamics anunciou hai uns días a comercialización de Spot, un robot can ao que só terán acceso aquelas empresas que completen un formulario e demostren que teñen unha necesidade real de traballar con Spot.

Este é o panel solar español que xera enerxía día e noite

Un panel solar que é capaz de xerar enerxía tanto de día como de noite. A startup madrileña Heat Energía desenvolve un novo tipo de dispositivos que, en realidade, non son paneis solares ao uso, é dicir, non son fotovoltaicos, senón que utilizan diferenzas de temperatura para producir a electricidade. Este é o motivo polo que xeran enerxía renovable tamén de noite e o fan sen necesidade de baterías ao aproveitar a luz do sol durante o día e os infravermellos que emite a Terra pola noite.

Un estudo innovador analiza a interacción entre os humanos e os edificios

Os medios de comunicación de hoxe en día adoitan facer fincapé na importancia de distintas cuestións que afectan aos cidadáns e ao planeta en que vivimos, que abranguen dende a adopción de prácticas de eficiencia enerxética ata ter un estilo de vida saudable. Algúns aspectos son doados de abordar, mentres que outros esixen un empuxón na dirección correcta. Non obstante, co fin de que as persoas se sintan motivadas para cambiar os seus comportamentos no fogar e no lugar de traballo, primeiro teñen que ser conscientes dos seus hábitos actuais e da forma en que estes afectan ás súas vidas.

Nove innovacións do Metro de Madrid que fixeron historia

O 31 de outubro de 1919 tivo lugar o primeiro traxecto con viaxeiros do Metro de Madrid. Durante estes cen anos, evolucionou ata converterse na columna vertebral do transporte da cidade.

Son moitas as historias que ligan aos cidadáns desta cidade co seu metro. Detrás delas escóndense grandes innovacións tecnolóxicas e sociais que non só impactaron na vida da capital, senón que transcenderon a todo o mundo.

Tecnópole presta soporte ás pemes galegas para concertar reunións bilaterais no Congreso Mundial de Internet das Cousas

As pemes galegas interesadas en manter encontros bilaterais con outras empresas ou entidades no marco do evento de brokerage paralelo ao Congreso Mundial de Internet das Cousas poderán contar co soporte de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, que dinamiza a participación galega no evento na súa condición de membro da rede Galactea Plus, o nodo español da

Tecnópole celebra o seu tradicional magosto o próximo 7 de novembro

Todos os traballadores das empresas e entidades e da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia están invitados o próximo 7 de novembro ás 13.30 horas na parte traseira do Edificio CEI a celebrar unha nova edición do Magosto Tecnópole.

Á celebración, que ten lugar dende hai xa trece anos como actividade de convivencia, están invitados tamén os familiares e amigos dos traballadores, que poderán gozar da habitual gaiteirada.

O polígono de San Cibrao elabora un plan de mobilidade sustentable

A asociación de empresarios do polígono de San Cibrao celebra este ano o cuadraxésimo aniversario da súa constitución, pero máis que na súa historia, está a pensar en como participar para definir a área industrial do futuro.

Páxinas