O centro privado de investigación aplicada Tecnalia construirá no Parque Tecnolóxico de Zamudio (Biscaia) as primeiras instalacións de Europa para a investigación de redes intelixentes ao servizo do sector de fabricantes de bens de equipos eléctricos.
Un chupete aromático que facilita a respiración ao bebé, un dispensador de latas para beber sen tocar a boca dos recipientes ou un planetario que axuda a explicar as estacións do ano, as fases da lúa, as eclipses e as mareas...
Na carreira por fabricar coches menos contaminantes, o hidróxeno é unha das solucións máis desexables pola redución de emisións á que contribuiría este combustible. Unha prestación á que se opón, non obstante, o elevado custo económico que supón a produción en serie dos depósitos este carburante.
As próteses son extensións artificiais cuxo obxectivo é substituír as partes do corpo humano que fosen perdidas por algún tipo de amputación ou non existan a causa dunha axenesia.
Non só é capaz de recargar unha batería completa en seis horas, senón que, ademais, pode ser utilizado para que vaia cargando a batería pouco a pouco a medida que esta se consume.
"Non fai falta que a xente saiba de motores: co teléfono intelixente e este 'software' resólvese o problema en menos tempo e sen erros", din os seus creadores, do Instituto Valenciano de Robótica (IRTIC).
Accenture abriu na súa sede de Sant Cugat del Vallès (Barcelona) o primeiro centro de innovación e análise da multinacional en España, que se integrará na rede global de centros que a compañía ten repartidos por todo o mundo (Chicago, Dublín, Milán e Nova Delhi).
Os ingresos xerados por Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia- á marxe da subvención corrente da Xunta de Galicia durante o exercicio 2010 volveron aumentar sobre o ano anterior, o que lle permitiu acadar por primeira vez o 60% de autonomía financeira.
As empresas e centros tecnolóxicos do Parque Tecnolóxico de Galicia teñen de prazo ata o 4 de abril para presentar proxectos á Cátedra Tecnópole, dirixida a impulsar iniciativas conxuntas de I+D+i con grupos de investigación da Universidade de Vigo.
A empresa de nova creación Impulsa, dedicada ao asesoramento enerxético, acaba de instalarse no Viveiro de Empresas que a Cámara de Comercio de Ourense ten en Tecnópole.
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) renovou por segundo ano consecutivo o convenio de colaboración entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Coordinadora Española de Polígonos Industriais (CEPE), a Escola de Organización Industrial (EOI) e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA) para o desenvolvemento do programa de Cooperación entre Parques Industriais e Tecnolóxicos (COPIT).
A empresa Redegal, situada en Tecnópole, acaba de presentar unha nova app para iPhone e iPad capaz de dar soporte ao usuario na planificación dos seus itinerarios e rutas ata o máis mínimo detalle para saber con exactitude onde está cada hotel, restaurante ou punto de interese que poida serlle de utilidade.