Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

FoodAlert, un novo software capaz de analizar as alertas alimentarias

Un equipo integrado por especialistas de Ainia desenvolveu un novo software que permite coñecer e analizar automaticamente as alertas alimentarias que se producen no mundo.

Lilium, o avión persoal que despega como helicóptero

Pois xa estamos en 2016 e o sono do coche voador segue sendo iso, un sono que nos vendeu a ciencia ficción. Non obstante existen unha gran cantidade de proxectos que buscan facer dese sono unha realidade, con ideas un pouco limitadas, pero ata o momento é o que temos dispoñible, iso si, aínda sen unha posible implementación comercial que faga que todos teñamos o noso coche voador gardado na cocheira nun futuro próximo.

En 2029 a intelixencia artificial alcanzará a humana

José Luis Cordeiro, profesor da Singularity University, está convencido de que para 2029 a intelixencia artificial alcanzará á humana e de aí á singularidade tecnolóxica faltará pouco.

China segue innovando e sorprendendo ao mundo científico

Aparentemente os científicos chineses están en condicións de abrir novos portais a un territorio novo e descoñecido en 2016 presentando ao mundo algúns dos inventos máis potentes, innovadores, controvertidos e custosos que se poida imaxinar.

Tecnópole rebaixa un 50% o prezo do solo e oferta unha nova opción de cesión do dereito de superficie a custo simbólico

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole ofertará todas as parcelas resultantes da súa ampliación de superficie a un prezo de 35 euros o metro cadrado, o que supón unha rebaixa do 50% sobre o custo vixente ata agora. O Consello de Administración da entidade aprobou esta medida na súa última reunión co obxectivo de facilitar o acceso das empresas de perfil innovador a solo industrial, engadindo a modalidade de cesión do dereito de superficie. A través dela, as empresas poderán establecerse durante 30 anos prorrogables na súa parcela cun custo anual de carácter simbólico.

Xinecólogos de hospitais públicos de toda Galicia fórmanse en Tecnópole para elevar ao 100% a cirurxía laparoscópica nesta especialidade

Especialistas en xinecoloxía e obstetricia de hospitais públicos das catro provincias están a formarse en Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole ao longo deste ano en técnicas de cirurxía laparoscópica. O obxectivo deste adestramento práctico é que no prazo de tempo máis breve posible o 100% das intervencións xinecolóxicas de calquera tipo que se realicen na sanidade pública galega sexan mediante estas técnicas, minimamente invasivas e máis seguras e eficaces.

Tecnópole abre o prazo de inscrición para unha nova edición do seu campamento tecnolóxico de verán

Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do único campamento tecnolóxico de verán que se celebra en Galicia. Os Tecnópole Technological Workshops (T2W) chegan á súa cuarta cita anual o próximo mes de xullo e a inscrición xa está aberta.

Tecnópole súmase á celebración do Día das Letras Galegas lanzando a busca do mellor refrán

Tecnópole súmase este ano á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado ao poeta lucense Manuel María, lanzando un concurso para buscar o mellor refrán en galego, no que se poderá participar vía Twitter ou correo electrónico.

Aberto o prazo da nova convocatoria do programa FEDER-Innterconecta, dotada con 50 millóns de euros

O CDTI anunciou que comprometerá na nova convocatoria do programa FEDER-Innterconecta 50 millóns de euros en subvencións para financiar, durante o período 2016-2018, proxectos tecnolóxicos nos que participen consorcios empresariais e cuxos desenvolvementos se realicen en Andalucía, Canarias, Castela A Mancha, Estremadura, Galicia, Murcia, Ceuta e Melilla. O prazo de presentación xa está aberto e finalizará o 20 de xuño de 2016.

A biotecnoloxía galega disporá de 200 millóns de investimento autonómico

O sector biotecnolóxico de Galicia disporá dun investimento autonómico de 200 millóns de euros ata o ano 2020. Durante un dos "bioalmorzos" organizados por Bioga, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, mostrou o apoio da Xunta a este sector empresarial para consolidalo como estratéxico e "de futuro" para a comunidade autónoma.

IBM abre o seu ordenador cuántico a investigadores e afeccionados

IBM puxo a disposición dos usuarios un servizo cloud que permite usar en remoto o ordenador cuántico da compañía de cinco qubit. Pode que á computación cuántica lle quede aínda un pequeno camiño por percorrer para converterse nun estándar ao nivel que as tecnoloxías actuais, pero os investimentos e investigacións de xigantes como Google e a NASA neste campo están a achegar esta tecnoloxía do futuro ao presente, un futuro para o que nin os académicos nin as grandes empresas se poñen de acordo en como debe ser.

Unha nova tinta imprime circuítos electrónicos

Imaxina unha pluma que 'pinta' circuítos electrónicos reais, capaces de conducir a electricidade e acender un LED. Este avance, presentado na feira internacional de Hannover, lográrono investigadores do Instituto Leibniz para Novos Materiais, en Alemaña, coa colaboración dunha científica española. O segredo é unha tinta híbrida formada por nanopartículas de ouro e un polímero orgánico condutor.

Páxinas