Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Airbus quere que no futuro haxa taxis voadores autónomos

¿Será que por fin chegará ese futuro con coches voadores que nos venderon? Pois polo menos no papel é o que está a propoñer Airbus, quen asegura que o futuro non é acerca de coches autónomos, isto porque as rúas xa están saturadas e é imposible crecer máis, así que a opción para transportarnos dunha forma eficiente será vía aérea.

A impresora española capaz de imprimir casas a tamaño real

A empresa alacantina Lewihe, coñecida no mundo de impresión 3D por desenvolver a primeira impresora especializada en filamentos técnicos e flexibles, está a traballar nunha nova impresora para o sector da construción: a impresora House-Maker.

A NASA agrupa nunha web todas as súas investigacións máis recentes

A NASA segue co seu proxecto de abrir o seu contido a todos os interesados. A axencia espacial dos Estados Unidos xa sorprendeu algunha que outra vez coa publicación, totalmente gratuíta e libre, de contido relacionado con algunhas das súas misións, tanto en curso, como aquelas finalizadas. Agora, a NASA quere agrupar todo ese contido nunha sorte de arquivo público e gratuíto para todo o que queira acceder ás últimas investigacións da axencia.

Crean un téxtil fresco para prescindir do aire acondicionado

Enxeñeiros de Stanford desenvolveron un téxtil de baixo custo a base de plástico que, se fose tecido en roupa, refrescaría máis o corpo do que sería posible cos téxtiles actuais.

Cinco fallos comúns ao innovar

Por cada produto innovador que alcanza o éxito, existen centos que fracasan. E iso sucédelles a Todas as empresas, dende a máis famosa ata a máis humilde. Os expertos conclúen que existen cinco erros comúns que vos comentaremos e exemplificaremos a continuación, nos que adoitan caer as organizacións ao innovar.

Un rañaceos con 3000 m2 de paneis solares

Australia será a encargada da próxima construción do que será o primeiro rañaceos solar no mundo, situado na cidade de Melbourne dentro do barrio de Southbank, a un quilómetro do distrito central de negocios.

Tecnópole organiza un curso sobre autoprotección para mulleres profesionais

O próximo 21 de setembro terá lugar en Tecnópole un curso de autoprotección para mulleres profesionais interesadas en mellorar a súa seguridade persoal. Ademais da formación, as asistentas recibirán un spray de defensa e unha alarma persoal.

Os parques tecnolóxicos lánzanse a internacionalizar empresas

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), en colaboración e a Asociación Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos e Áreas de Innovación (IASP), presentará en setembro unha plataforma para impulsar intercambios internacionais, estancias curtas de empresas duns parques noutros.

A CE nomea catro proxectos españois para un premio europeo de innovación

A Comisión Europea (CE) tivo aberto todo este mes o período de votación do Premio Radar de Innovación 2016, que recompensa a innovación dixital en proxectos financiados pola Unión Europea (UE) e para o cal están nomeados catro innovadores españois.

Innovador modelo de mapas de risco de incendios forestais incorpora o factor humano

Investigadores do Departamento de Matemáticas da Universitat Jaume I de Castellón (UJI) deseñaron un modelo estatístico de prevención de incendios forestais que inclúe o risco de factores humanos como a proximidade das masas boscosas ás estradas. As conclusións deste traballo publícanse na revista European Journal of Forest Research.

Estudantes españois gañan o premio ao produto máis innovador da competición europea de miniempresas 2016

A miniempresa Shelbag, creada por un grupo de estudantes do Colexio Sagrado Corazón Sarría de Barcelona, conseguiu o premio ao produto máis innovador na 27 edición da Competición Europea de Miniempresas, impulsada pola Fundación Junior Achievement Europa.

Avances tecnolóxicos made in Spain

España é un referente internacional en moitos ámbitos grazas, principalmente, aos resultados da aposta polo investimento en investigación, desenvolvemento e innovación. Son moitos os sectores que apostan pola tecnoloxía como motor de cambio e tamén son moitos os fitos tecnolóxicos made in Spain dos que fomos testemuñas.

Páxinas