Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Novos materiais capaces de previr o paso do tempo

O Grupo Puma, xunto coa Universidade de Córdoba (UCO), a empresa Alsens Tech e a Fundación CIAC (Centro de Innovación Andaluz para a Construción Sustentable), pon en marcha o proxecto Materpat de desenvolvemento de morteiros capaces de previr os efectos da deterioración enfocada ao patrimonio histórico. Mediante técnicas de encapsulamento de axentes biocidas, o novo material será capaz de facer fronte ás distintas causas de deterioración ao longo do tempo e contribuír á mellora ambiental de edificios con carácter monumental.

Os dez produtos máis innovadores do súper

A variedade de produtos que hai nos supermercados é tan ampla que para as marcas é cada vez máis difícil innovar e crear artigos novos que sexan orixinais. A pesar diso, o ano pasado lanzáronse 118 produtos con características únicas ou especiais, por exemplo cun sabor ou un formato que se introduce por primeira vez.

As start-ups de Tecnópole poderán acceder a financiamento de fondos de investimento de todo o mundo

A Asociación de Parques Tecnolóxicos de España (APTE), á que pertence Tecnópole, ICEX España e Invest Sao Paulo lanzaron unha convocatoria que busca poñer en contacto start-ups, tanto do estado de Sao Paulo como de España, con fondos de investimento de todo o mundo, co fin de facilitar o financiamento dos seus proxectos e a súa posterior internacionalización.

Alvtek intensificará os seus esforzos para implantar os seus servizos de enxeñería en España

O de Alvtek é o exemplo de como unha empresa de servizos tamén pode conseguir mercado internacional. A firma, situada na Tecnópole e especializada en servizos de enxeñería e arquitectura, conseguiu abrirse camiño grazas a proxectos para empresas europeas, especialmente de Suíza, nos que colabora con outra empresa.

Convocados os II Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia pola Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, abre o prazo de presentación de candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2016, que nesta segunda edición inclúe unha categoría nova, para distinguir unha grande empresa, e eleva a 28.000 euros a contía total dos galardóns.

Un equipo galego de enxeñeiros, entre os 64 mellores do mundo nun desafío de Google

Cinco enxeñeiros galegos situáronse, co seu proxecto "SpiritOfSaintMartinho", entre os 64 grupos que conseguiron igualar ou superar as especificacións do desafío mundial "The Little Box Challenge".

Atiga representa a Galicia en Vanguard Initiative, a principal rede de rexións innovadoras de Europa

A Alianza Tecnolóxica intersectorial de Galicia (Atiga), formada por Aimen, Anfaco-Cecopesca, CTAG, Gradiant, Energylab e ITG, foi designada pola Xunta de Galicia para representar á comunidade, a nivel operativo, en Vanguard Initiative, un proxecto de colaboración interrexional, no que participan 30 rexións europeas, que propón novas formas de mobilizar e aliñar os recursos a través da innovación e a fabricación intelixente.

A Xunta e a EOI impulsan a creación dunha nova rede de aceleradoras

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI) porán en marcha unha nova rede de aceleradoras coa que poder fomentar o emprendemento en toda Galicia e aumentar as posibilidades de éxito das novas empresas.

Un consorcio vigués lanza un proxecto para lograr enerxía das ondas en Galicia

Un consorcio liderado pola Universidade de Vigo porá en marcha un proxecto para demostrar as posibilidades de Galicia na xeración de enerxía procedente das ondas. Parte da base de que se trata dunha das zonas do mundo con maior potencial para a produción de enerxía mariña, ao que suma a situación privilexiada, a boa accesibilidade, a proximidade dos puntos de consumo e a forza do mar. Todos estes factores foron determinantes para que a Unión Europea o seleccionara dentro da convocatoria Life 2014.

Aprobada a convocatoria estatal de empréstitos para o desenvolvemento de proxectos industriais

A Secretaría Xeral de Industria e da Peme do Ministerio de Industria convocará proximamente os empréstitos para o investimento industrial correspondente ao Programa de reindustrialización e da Competitividade Industrial no ano 2016. O presuposto ascende a un total de 757,5 millóns de euros a disposición do sector empresarial privado, cunha reserva de fondos para zonas especialmente necesitadas.

España crece un 3,8% en solicitudes de patentes europeas

As solicitudes españolas na Oficina Europea de Patentes situáronse en 1527 en 2015, o que supuxo un crecemento do 3,8%, revertendo a tendencia negativa dos últimos anos. O incremento foi superior á media dos países da UE. Non obstante, España mantense afastada dos países europeos líderes en innovación, como Alemaña, Francia e Holanda.

As empresas españolas melloran en innovación, segundo o Índice Cultura da Innovación España 2016

A Asociación Española para a Calidade (AEC) presentou os resultados do Índice Cultura da Innovación (ICI) España 2016, que poñen de manifesto unha clara melloría das empresas españolas en materia de innovación. Na súa elaboración participaron un total de 163 empresas e máis de 21.000 empregados, que representan a un colectivo de máis de 230.000 traballadores de toda España.

Páxinas