Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

O cooperativismo galego vence á crise con I+D

Mentres a crise incrementaba a lista do desemprego e causaba efecto no tecido empresarial, unir forzas revelouse como unha oportunidade de emprego en tempos difíciles. Suma de talentos, innovación e espírito emprendedor definen o carácter das cooperativas, unha solución empresarial que aumentou un 13% en Galicia dende 2009, con 1266 sociedades activas en toda a comunidade.

Impacto e potencial da impresión 3D no emprego

A tecnoloxía de impresión 3D podería impactar en 420 perfís profesionais do mercado de traballo actual e contribuír á creación de novos empregos nos próximos dez anos, segundo constata no informe 'Impacto e potencial da impresión 3D no emprego' elaborado por Barcelona Activa.

Crean a célula solar máis delgada do mundo

Sabemos que a tecnoloxía avanza dunha forma impresionante. Clara mostra diso é que hai xa uns meses coñecemos a noticia de que un grupo de investigadores do MIT desenvolveran unha célula solar de tan só 1,3 microns, un logro que abría as posibilidades cara a dispositivos capaces de xerar enerxía dunha forma sinxela e sen necesidade de conectarse á enerxía eléctrica.

Endesa involucra os fillos dos seus empregados nos procesos innovadores da compañía

Endesa reuniu recentemente 48 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos para que respondesen á pregunta de como vían o robot do futuro. Tras recibir nocións básicas relacionadas coa robótica, a programación e impresión en 3D, os participantes no primeiro Endesa Hackateen deron como froito ideas innovadoras.

Biohacking, chips implantados na pel que amplifican as nosas capacidades

A ciencia ficción e o movemento ciberpunk mostráronnos dende hai varios anos historias onde os seres humanos se transforman en entes electrónicos, isto por medio de implantes que amplifican as capacidades e axudan a interactuar nun mundo cada vez máis conectado. Pois isto deixou de ser ficción para transformarse nunha práctica común que se realiza de forma clandestina en varias rexións do mundo.

Robots humanoides para os hospitais belgas

Aínda que a súa dicción é aínda un pouco entrecortada e os seus xestos lixeiramente dubitativos, o robot humanoide Pepper, coa súa pantalla no peito, está listo para acoller os pacientes e visitantes de dous hospitais belgas. Pepper é o primeiro robot do mundo en traballar como recepcionista nun ámbito hospitalario, explicaron durante a súa presentación os responsables do hospital rexional La Citadelle de Lieja.

Pause, then play

Tal e como se demostrou nas últimas décadas, é practicamente indiscutible o poder de transformación da sociedade e capacidade para difundir o coñecemento que ten o sector TIC. Dende finais do século pasado ata a actualidade, vivimos un remuíño de saltos tecnolóxicos, practicamente sen pausa entre un e outro, que contribuíron a modificar completamente o noso modo de vida e o xeito no que nos relacionamos.

As tecnoloxías de impresión 4D piden paso mentres o 3D revoluciona a industria de todos os sectores

As tecnoloxías de impresión 4D esperan o seu momento para irromper no mercado con solucións que parecen de ciencia-ficción, mentres o 3D está a revolucionar xa os procesos industriais de todos os sectores. A fundadora de masque3D, Ana Gómez, expuxo estas e outras claves das tecnoloxías aditivas no almorzo tecnolóxico de Tecnópole do mes de xuño, ao que acudiron numerosos representantes de empresas interesadas en coñecer mellor esta ferramenta.

A delegación americana da misión USA-Ourense estreitou lazos con Tecnópole

A misión USA-Ourense, que se saldou con máis de 180 encontros de traballo entre empresas norteamericanas e ourensás, visitou Tecnópole durante o seu segundo día en Galicia. Tras coñecer o funcionamento da sociedade xestora de man do seu director, Ricardo Capilla, os seus membros percorreron as instalacións de Egatel, o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) e o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da Universidade de Vigo.

As empresas dos parques científicos e tecnolóxicos españois aumentan un 20%, o emprego 5% e a facturación un 9%

Os parques membros da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), entre os que figura Tecnópole, pecharon o pasado ano cun total de 7736 empresas e entidades instaladas nos seus recintos, o que supón unha suba do 19,9% respecto ao ano anterior. Do total de empresas, 314 son de capital estranxeiro e 974 son empresas en incubación, con menos de 3 anos de antigüidade. Ademais, os parques sumaron 910 entidades, entre empresas de nova creación e instaladas nos parques.

O concurso Galileo Masters distinguirá as mellores ideas no desenvolvemento de satélites

A Xunta de Galicia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo impulsan -coa Axencia Espacial Europea, o Centro Aerospacial Alemán, o Ministerio alemán de Transportes e Infraestruturas Dixitais e o proxecto europeo BELS- o concurso europeo de navegación por satélite Galileo Masters, que premia as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións neste campo que incidan de forma positiva na vida cotiá dos europeos.

Crean un drone capaz de transportar unha persoa

A empresa chinesa EHang, con sede en Beijing, desenvolveu un drone capaz de transportar unha persoa polos ceos en viaxes curtas e de mediana distancia, controlado totalmente a través dunha plataforma sincronizada de xeito remoto. A firma chinesa pretende ser a primeira construtora do mundo de vehículos autónomos aéreos para o transporte de persoas. O dispositivo ten 1.2 metros de alto, un peso de 200 quilogramos e conta con oito hélices capaces de transportar un pasaxeiro durante máis de 23 minutos a uns 96 quilómetros por hora.

Páxinas