Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

En marcha a terceira edición dos premios Galicia Spin-off

A III edición dos premios Galicia Spin-off, convocados por Banco Pastor e GCiencia, abriu o prazo de presentación de candidaturas ata o día 18 de xuño. A convocatoria está aberta a todas as empresas que teñan algún tipo de vinculación coas universidades galegas, tanto no apartado Idea Emerxente (que premia ás empresas e ideas máis innovadoras) como no de Selo de Calidade (que distingue as traxectorias empresariais máis destacadas).

O CDTI investirá 100 millóns na I+D empresarial co programa CIEN

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) aprobou a convocatoria de 2017 do Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CIEN), dotada con 100 millóns de euros, e que ten como obxectivo investir en grandes proxectos de I+D realizados por consorcios empresariais en colaboración con organismos de investigación.

Premio para a start-up galega Help Flash pola súa luz de alerta

A empresa tecnolóxica Help Flash, star-up galega, gañou o premio da III edición do concurso Emprendedores e Seguridade Vial de Fundación Liña Directa co seu produto, unha luminaria para sinalizar avarías ou accidentes e, así, evitar atropelos.

A OMS quere introducir os biosimilares no mercado

A Organización Mundial da Saúde (OMS) anunciou que este ano porá en marcha un proxecto piloto para precualificar medicamentos biosimilares -concretamente dous tratamentos contra o cancro-, co obxectivo de abrir o mercado aumentando a competencia, mellorar o coñecemento destes tratamentos e reducir o prezo para mellorar a súa accesibilidade a países de baixos e medianos ingresos.

Baixo o lema "Conecta a túa empresa a Europa", Tecnópole presenta os seus servizos no marco da rede EEN-Galactea Plus

O próximo almorzo tecnolóxico organizado por Tecnópole centrarase na presentación da rede EEN-Galactea Plus e nos servizos que Parque Tecnolóxico de Galicia presta a todo o tecido empresarial galego a través dela. A cita, aberta a inscrición, terá lugar o próximo 10 de maio entre as 9.30 e as 10.30 horas.

Tecnópole dá a benvida aos catro proxectos que ocuparán a preincubadora empresarial durante un ano

A directora da Axencia Galega de Innovación e vicepresidenta do Parque Tecnolóxico de Galicia, Patricia Argerey, deu a benvida o pasado xoves aos novos inquilinos da preincubadora empresarial promovida conxuntamente por Tecnópole e a Universidade de Vigo.

O primeiro notebook galego salta ao top 10 de portátiles máis vendidos en Amazon

Á espera de lanzar un novo modelo neste mes de maio, a empresa galega Primux, que elixiu Tecnópole para instalar o seu centro de innovación, logrou nas últimas semanas situar o seu portátil estrela, o notebook 1401, entre os 10 máis vendidos da plataforma de comercio electrónico Amazon.

Smartbites cumpre cinco anos enviando viño galego e whisky xaponés a máis de 30 países

Smartbites.net, o proxecto online de dous mozos emprendedores galegos cumpre cinco anos. Neste tempo reconvertéronse varias veces, e actualmente, dende as instalacións de Tecnópole, están a enviar viño galego e whiskies de luxo a máis de 30 países, dende Suíza ata Sudáfrica.

Os empresarios de Tecnópole aprenden que a empatía e a escoita activa son fundamentais para ser un bo orador

Interactuar cos oíntes é imprescindible para xerar interese neles e para logralo é fundamental practicar a escoita activa e a empatía. Esta foi unha das principais ideas que os empresarios de Tecnópole asistentes ao último almorzo tecnolóxico tiveron ocasión de compartir de man de Alba Formoso, directora de TALKK, escola especializada en oratoria, debate e coaching.

Egatel presenta os seus transmisores de TV e o seu novo Smart LNB na maior feira profesional de medios a nivel mundial

A empresa de Tecnópole Egatel volve un ano máis á maior feira do mundo da industria de medios e comunicación, o NAB Show, para presentar os seus transmisores de TV de alta eficiencia e o seu novo Smart LNB.

Samsung lanza o reto #TecnologíaConPropósito para premiar proxectos de desenvolvedores que axuden a cambiar o mundo

Samsung anunciou a convocatoria do reto #TecnologíaConPropósito, dirixido á comunidade local de desenvolvedores españois e co que quere premiar os proxectos máis creativos e innovadores que utilicen a tecnoloxía para mellorar a vida das persoas. O proxecto ou proxectos elixidos recibirán un apoio económico de ata 100.000 euros para o desenvolvemento da idea e un plan de comunicación nas plataformas de Samsung para a súa difusión mediática.

Un enxeñeiro español crea para a NASA unha tea espacial intelixente coa impresión 4D

Raúl Polit Casillas, un enxeñeiro español que traballa para a NASA, creou un tecido especialmente resistente a través de impresión 4D. O novo material podería utilizarse para fabricar traxes de astronauta e mesmo naves espaciais no futuro.

Páxinas