Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Profocus é unha das tres finalistas dos premios estatais Somos Empresa na categoría Futuro

Profocus, nacida do programa de creación de empresas innovadoras de Tecnópole e situada no seu viveiro de emprendedores, foi seleccionada como unha das tres finalistas do certame Somos Empresa na categoría Futuro. Os premios, que serán entregados en novembro en Madrid, están organizados por Banco Popular, El País e Cadena Ser.

Airbus China encarga a Coasa máis pezas para o modelo de avión A350

A compañía Coasa, que fabrica compoñentes para a industria aeronáutica no Parque Tecnolóxico de Galicia, acaba de apuntalar a súa actividade para os próximos anos grazas á adxudicación da fabricación de novas pezas para o modelo A350 de Airbus. A factoría que o fabricante aeronáutico europeo ten na cidade chinesa de Harbin (o Harbin Composite Manufacturing Center, HMC) adxudicou á planta ourensá a fabricación de pezas para os elevadores do citado avión.

A eficiencia enerxética e a saúde bucodental protagonizan os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia

A eficiencia enerxética e a saúde bucodental son os temas centrais dos proxectos galardoados nos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, que este ano chegan á súa segunda edición. O certame está promovido pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, e ten como obxectivo recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo.

O sector tecnolóxico creou nun ano 1200 novos empregos en Galicia

O número de empresas do sector TIC de Galicia alcanzou a cifra de 2331, fronte ás 2242 do ano anterior, o que representa un crecemento do 4% e mantén a Galicia como a quinta comunidade autónoma co maior número de empresas do sector.

Innovacións verdes: exemplos reais

Un novo toque de esperanza e por que non de sorpresas, acompaña a estas innovacións que auguran que o noso futuro ben podería estar en harmonía coa natureza e coa ecoloxía, sen ter que renunciar á comodidade ou as comunicacións.

Top avances tecnolóxicos do mundo rural

As novas tecnoloxías avanzan a un paso impresionante. Nada nin ninguén logra paralas, polo que cada vez están presentes en máis ámbitos da vida doméstica, laboral ou no ocio. Dentro do terreo do laboral, hai un sector da poboación que se está a ver notablemente impulsado nos últimos anos: o mundo rural.

Por que todo o mundo quere 'hackathon'

En 2003 Henry Chesbrough, profesor da escola de negocios da Universidade de Berkeley (California), decatouse de que as empresas non podían seguir innovando coa porta pechada. O secretismo en torno á innovación xa non tiña sentido. As compañías estaban obrigadas a asumir que o coñecemento estaba distribuído por todo o mundo e que ningún departamento de I+D tería capacidade para atraer e reter todo ese talento.

O sector dos drons demanda unha lexislación menos restritiva para permitir o desenvolvemento de novas aplicacións

O mercado dos drons ofrece tantas oportunidades como o seu potencial número de aplicacións, para as que non se enxergan límites, aínda que é necesaria unha regulación do sector menos restritiva que faga posible o seu desenvolvemento. Esta foi a principal idea transmitida por Emilio Aguete, experto en vehículos aéreos non tripulados, aos asistentes ao último almorzo tecnolóxico organizado por Tecnópole.

O magosto de Tecnópole cumpre dez anos o próximo 3 de novembro

Todos os traballadores das empresas e entidades e da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia están invitados o próximo 3 de novembro a celebrar o décimo aniversario do Magosto Tecnópole, que terá lugar ás 19 horas na parte traseira do Edificio CEI.

Aimen desenvolve paneis solares "autorreparables" e de baixo impacto ambiental

O centro tecnolóxico Aimen participa nun proxecto europeo que persegue optimizar a sustentabilidade e eficiencia da fabricación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar mediante o desenvolvemento de tecnoloxías que permitan producir células e paneis fotovoltaicos reducindo o seu impacto ambiental e o consumo de recursos.

Unha investigación da Uvigo revela o potencial da casca de castaña en eliminación de contaminantes

Unha tese dunha investigadora da Universidade de Vigo logrou poñer de manifesto o potencial da casca de castaña nos procesos de adsorción e biorremediación para a eliminación de contaminantes en ámbitos acuáticos.

Os premios AppTourism abren a súa recepción de candidaturas ata o 30 de novembro

A Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (Segittur) e Fitur convocaron a IV edición do concurso 'The AppTourism Awards' para desenvolver aplicacións móbiles que impulsen o uso de tecnoloxía na organización de viaxes, enmarcada na próxima edición da Feira Internacional do Turismo.

Páxinas