Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

APTE e Tecparques asinan un acordo de colaboración para fomentar as relacións entre os parques españois e portugueses e as súas empresas

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a Associação Portuguesa de Parques de Ciência e Tecnologia (Tecparques) asinaron un convenio de colaboración que permitirá desenvolver un programa de actividades conxuntas entre as dúas asociacións destinadas á promoción dos parques e as empresas adheridas a eles que se sitúan tanto en Portugal coma en España.

Unha nova plataforma web permite intercambiar propostas entre empresas TIC e demandantes de solucións tecnolóxicas

As empresas provedoras e os demandantes de solucións TIC poderán poñerse en contacto e intercambiar propostas a través dunha nova plataforma xestionada pola Xunta e aberta a inscricións dende o pasado 20 de xaneiro.

O investimento de fondos de capital risco en empresas galegas derrúbase un 90% nun ano

O investimento en Galicia dos fondos de capital risco como colchón financeiro para os proxectos empresariais derrubouse, alcanzando en 2011 o nivel máis baixo dos últimos cinco anos. Se ben o número de operacións polas que apostaron estas entidades non diminuíu con tanta intensidade, cunha media de 20 proxectos empresariais financiados cada semestre, si se percibe unha forte caída no volume de diñeiro que os fondos de capital risco confían aos empresarios, é dicir, trátase de operacións de menor valor. A caída entre o primeiro semestre de 2010 e o mesmo período de 2011 alcanzou o 90%, pasando de 171,2 millóns de euros a tan só 12,3.

AIMEN reunirá os mellores expertos en soldadura por fricción, a máis punteira tecnoloxía de unión, para presentar os seus últimos avances ás empresas

O centro tecnolóxico galego AIMEN organiza na súa sede do Porriño a 'I Xornada Ibérica de aplicación industrial da técnica Friction Stir Welding', que abordará os últimos avances da tecnoloxía de soldadura por fricción para a súa utilización nos procesos industriais. O evento celebrarase o próximo mércores 1 de febreiro a partir das 9:00 horas. Trátase da primeira xornada celebrada para toda España e Portugal sobre aplicacións industriais do método FSW.

O Carballiño será este ano a sede da innovación turística

A localidade ourensá do Carballiño acollerá a máis de 500 profesionais no XVII Congreso Internacional da Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo (AECIT), previsto para o próximo mes de novembro. O eixe central do encontro será reflexionar sobre a creación e o desenvolvemento de novos produtos turísticos, a innovación e o enfoque experiencial.

O bioemprendedor español busca novas vías de financiamento máis alá das subvencións públicas

O sector biotecnolóxico é un dos máis vibrantes da economía española con crecementos espectaculares en creación de empresas e de facturación, aínda en tempos de crise. Non obstante, moitas destas firmas morren en canto se rematan as subvencións públicas da primeira fase. A solución pasa por buscar vías alternativas de financiamento como o capital risco, os créditos mixtos público-privados e a internacionalización.

Crean un robot con capacidade táctil que rescata persoas e manipula explosivos

Investigadores da Universidade de Málaga dotaron un robot de capacidade táctil co obxectivo de poder rescatar persoas, desactivar explosivos ou manexar substancias perigosas.

Tecnoloxía punta de embalaxe para o sector cárnico

O grupo español RGD Mape está especializado no desenvolvemento de maquinaria industrial de packaging. Agora achega unha nova liña de negocio baseada en tecnoloxía punta de embalaxe destinada ao sector cárnico.

Construtoras e tecnolóxicas reinventan as infraestruturas

Modelos dinámicos de peaxe nas autoestradas; aplicacións para espremer o potencial comercial nos aeroportos; servizos urbanos adaptados á demanda puntual dos cidadáns; redes de abastecemento eléctrico para o automóbil do futuro... Os grupos españois de construción e infraestruturas estanse a reinventar para cumprir con todo este ramallete de oportunidades, avaladas pola Axenda Dixital Europea, tras verse afectado polos duros recortes na obra civil aplicados ultimamente polas Administracións, especialmente a nivel local. É máis, os propios pregos de condicións en moitos dos concursos aos que acoden esixen xa que estean en vangarda na aplicación de sistemas intelixentes.

Unha empresa española crea un servizo on line para conectar pacientes e médicos dende un móbil ou portátil

A empresa española Wellness Telecom deseña unha plataforma web de seguimento de saúde baseado en intelixencia artificial, o que permite unha relación continuada entre os profesionais sanitarios e os enfermos.

Móbiles que se cargan con luz solar

As pantallas dos teléfonos móbiles fanse máis grandes cada ano. Agora, as que incorporan tecnoloxía OLED poderían empregar esa gran superficie para aloxar un sistema de xeración de enerxía eléctrica a partir da luz que recibe.

Crean a primeira capa que fai invisible obxectos 3D dende calquera ángulo

Científicos estadounidenses lograron, por primeira vez, crear un material que permite envolver un obxecto tridimensional e facelo invisible dende calquera ángulo, achegando así á realidade un obxecto tantas veces retratado no cinema e no xénero da ciencia ficción.

Páxinas