Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole celebrou un espectáculo de ciencia online para máis de 10.000 rapaces de toda España no marco do proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”

O Parque Tecnolóxico de Galicia participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrado. O obxectivo desta iniciativa, que este ano cumpre a súa terceira edición, é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería ou Matemáticas.

O programa Connect-19 de Tecnópole ofrece formación sobre “Marketing e posicionamiento de empresas ou produtos disruptivos”

No marco do programa Connect-19, que promove Tecnópole e a Xunta de Galicia para acelerar a comercialización de solucións fronte á COVID-19, estanse a desenvolverse unha serie de actividades formativas online. Aínda que se dirixen expresamente aos beneficiarios do programa, están abertas á participación de calquera empresa interesada.

A empresa Tastelab, integrada no programa Connect-19, deseñou un kit innovador que permite a detección precoz do coronavirus a través do móbil

A medida que avanza a pandemia e o coñecemento sobre a covid-19, os científicos teñen máis claro que a perda de olfacto e gusto é un dos síntomas maioritarios e dos primeiros en aparecer, ás veces mesmo o único. Con toda a súa experiencia en análise sensorial, a empresa Tastelab conseguiu deseñar un innovador kit que permite a detección precoz da enfermidade a través do teléfono móbil. Este proxecto permitiulles entrar a formar parte do programa Connect-19, promovido por Tecnópole e a Xunta de Galicia.

As renovables afiánzanse en Galicia como investimento a mimar cos fondos covid

En Galicia hai na actualidade ao redor de oito mil megawatts (MW) de potencia en enerxías renovables instalados. A eólica é líder, con ao redor de 3.800 MW e cento oitenta parques, seguida da hidráulica, con 3.434 MW, outros 322 de minihidráulica e un centenar máis de megas en biomasa e biogás. É así porque o territorio galego conta con grandes vantaxes e un potencial inmenso para todo o verde, enerxías incluídas.

Biofabri ampliará a súa planta e confía en que a vacina de Novavax beneficie tamén a provedores locais

A produción da vacina de Novavax para toda Europa podería arrincar na fábrica porriñesa de Biofabri “ao final da primeira metade de 2021”. O director xeral do grupo biofarmacéutico Zendal, Andrés Fernández, adiantou que o acordo coa multinacional estadounidense para desenvolver o antíxeno “vaise notar” nos provedores locais e que a compañía está a expandir as súas instalacións “o máis rápido posible para facer cantas máis doses mellor”.

Científicos galegos demostran a eficiencia de agrupar mostras para detectar a Covid-19

Un estudo científico liderado pola área sanitaria de Microbioloxía do Hospital Clínico de Santiago e o hospital San Cecilio de Granada, demostra a alta eficiencia do “pooling” (agrupación de mostras) nunha soa PCR para a detección do coronavirus. Este método, que se usa xa en Vigo e distintos puntos de Galicia, permite agrupar as mostras de varias persoas (vinte no caso da cidade olívica) nunha soa PCR, o que resulta unha ferramenta especialmente útil para os cribados masivos.

Científicos galegos logran un fito no desenvolvemento da catálise artificial

O corpo humano é unha máquina moi potente. Ten órganos dunha complexidade que asombra, como o cerebro, e outros, como o corazón, capaz de latexar sen parar uns 2.000 millóns de veces no tempo que dura a vida dunha persoa de 70 anos. Pero non é perfecta. O cancro, por exemplo, representa o prezo que hai que pagar por ser organismos con millóns de células. Aínda que, por primeira vez na historia do ser humano, existe unha ferramenta, a ciencia, capaz de mellorala.

Un proxecto piloto creará novos produtos derivados da castaña

A Cooperativa Amarelante, creada no ano 2013 en Manzaneda, presentou en marzo unha proposta de proxecto piloto para o desenvolvemento de novos produtos da dieta atlántica derivados da castaña de variedades autóctonas. Para iso contará coa participación do Centro Tecnolóxico da Carne e a aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago. O obxectivo principal é o deseño e elaboración de novos alimentos que constitúan un xantar e un aperitivo saudable, galego, e sen azucre engadido.

A madeira xa se poxa en Internet

As poxas de madeira pública en Galicia xa poden realizarse exclusivamente por métodos electrónicos. E é que a primeira poxa a través de Internet, organizada pola Consellería do Medio Rural, foi todo un éxito. 44 lotes de madeira procedentes de montes públicos situados na provincia de Ourense foron licitados e alcanzaron un valor superior aos dous millóns de euros, coa peculiar característica de que era a primeira vez que todos os participantes nesta transacción tiñan que realizar os trámites a través da web.

Fonteboa pon en marcha un proxecto para usar drons en tarefas agropecuarias

O Centro de Promoción Rural Fonteboa ten en marcha un proxecto para a aplicación de drons na agricultura. O profesor José Manuel Campos indicou que é fundamental que os alumnos de hoxe coñezan as novas tecnoloxías e a súa aplicación nas actividades agropecuarias, onde xa se utilizan en forma de robots de ordeño ou de sistemas de alimentación automática. Os drons estarían nesta liña e, aínda que na zona apenas son habituais, si se poden atopar en viñedos.

O Parque Tecnolóxico de Galicia celebra un espectáculo de ciencia online para alumnos de Secundaria de toda España

O Parque Tecnolóxico de Galicia participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-, na que está integrado. O obxectivo desta iniciativa, que este ano cumpre a súa terceira edición, é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería ou Matemáticas.

Arranca STEAMbites, a plataforma educativa online de ciencia e tecnoloxía para nenos impulsada por Tecnópole e Atresmedia

O Parque Tecnolóxico de Galicia e Atresmedia lanzan unha plataforma formativa de ciencia e tecnoloxía, en colaboración coa empresa Ceo Aberto, especializada na educación e divulgación científica. Esta plataforma de aprendizaxe online, denominada STEAMbites, desenvólvese desde o Parque para todo o ámbito nacional. Pártese da ampla experiencia de Tecnópole no eido da formación científica, tanto presencial como en liña.

Páxinas