Mundos eléctricos

A electricidade é como un ente que non comprendemos moi ben pero sen o que xa non saberiamos vivir. Mediante experimentos de grande espectacularidade levaremos a cabo un percorrido pola súa historia e comprenderemos os principios físicos que rexen o seu comportamento.
 
Para iso, contamos con xeradores Van der Graaf de gran potencia e bobinas Tesla, que nos permiten "visualizar" conceptos que normalmente non poden explicarse de forma experimental na aula.