Laboratorio de Biotecnoloxía

O laboratorio de biotecnoloxía é unha instalación dotada cos máis modernos equipamentos que Tecnópole pon a disposición de empresas e centros nunha iniciativa sen precedentes para facilitar o acceso a tecnoloxía necesaria no desenvolvemento de actividades de I+D+i centradas no sector bio baixo unhas condicións de uso moi vantaxosas.
 
O uso do laboratorio está aberto a calquera empresa ou centro tecnolóxico ou de investigación de España, con tarifas especiais para as entidades situadas en Tecnópole e os grupos de investigación das tres universidades galegas. A utilización dos equipos pode formalizarse para un período de tempo que vai dende unha hora ata o número de días, semanas ou meses que sexan necesarios.
O investimento inicial realizado no laboratorio ascendeu a 477.000 euros, dos que o 75% foi financiado grazas a un empréstito do Ministerio de Ciencia e Innovación, concedido no marco da súa liña de apoio a proxectos de I+D realizados en parques científicos e tecnolóxicos.
 
Situada no edificio Tecnópole I, a instalación, de 310 m², está distribuída en tres zonas de traballo: laboratorio de ensaios físico-químicos, laboratorio de ensaios microbiolóxicos e espazo para tarefas docentes ou administrativas.
 
A opción de contar con espazos propios de traballo e almacenamento de material, a liberdade de horario e o avanzado sistema de seguridade e control de accesos son algunhas das vantaxes engadidas desta instalación científico-tecnolóxica de última xeración.

Plano Laboratorio de Biotecnoloxía

 
 
 
 
Despraza o rato polo plano para ver en detalle
 
 
Actuación cofinanciada por:

Equipamento e Mobiliario

Laboratorio de ensaios físico-químicos (134,84 m²)

  • HPLC (Bomba Cuaternaria Agilent 1200)
  • GCMS Agilent.
  • Microscopio Binocular MULTI-PURPOSE AZ-100 NIKON.
  • Microtomo motorizado HM-355 S - MICROM.
  • Frigoríficos con aire forzado FV 570L - RADIBER.(E.B.)
  • Conxeladores verticais 7081 479-00 LIEBHERR.(E.B.)
  • stema semi automático de aplicación e dosificación de mostra modelo LINOMAT 5.
  • Balanza 4000g - 0,01 Cal.Interna Summit - DENVER SARTORIUS.(E.B.)
  • Balanza 200g - 0,001 Summit Cal.Interna - DENVER SARTORIUS.(E.B.)
  • Equipo de auga ultrapura RO1-COMPACT PETLAB. (E.B.)
  • Axitador magnético 12L. ACS 160.(E.B.)
  • Rotavapor BÜCHI BU23011V000 modelo vertical R.210V.(E.B.)
  • pH-metro sobremesa ionometro 1500 + CAT CYBERSCAN.(E.B.)
  • Centrífuga Rotanta 460R.
  • Estufa de secado con circulación de aire forzado UFE-700 MEMMERT.(E.B.)
  • Muíños ultracentrífugos ZM200 con recipiente colector 900 ML RETSCH.

Laboratorio de ensaios microbiolóxicos (84,73 m²)

  • Balanza 210g - 0,01g - DENVER – SARTORIUS.(E.B.)
  • Incubadora refrixerada ICP-500 MEMMERT.(E.B.)
  • Autoclave vertical 75L - STERILCLAV – RAYPA.(E.B.)
  • Microscopio binocular B350A-OPTIKA.(E.B.)
  • Liofilizador de sobremesa CRYODOS-50 TELSTAR con bomba de baleiro.
  • Estufa de cultivo INE-500 MEMMERT.(E.B.)
  • Cámara de fluxo laminar TELSTAR/AV100.(E.B.)

Espazo polivalente e libre de equipos para tarefas docentes ou administrativas (90,88 m²).

Mobiliario

  • Mesa central 5150x1650x900 (2 Unidades)
  • Mesa central con vertedoiro integrado 5150x1650x900 (6 Unidades)
  • Mesa mural 6800x750x900 (1 Unidade)
  • Mesa mural 8400x750x900 (1 Unidade)
  • Mesa mural en ángulo 5250x750x900 (1 Unidade)
  • Mesa mural de balanzas 900x750x900 (1 Unidade)
  • Mueble superior vitrina 1200x350x750 (2 Unidades)
  • Armario vitrina 1200x450x2250 (10 Unidades)
  • Armario de seguridade 1200x550x2250 (4 Unidades)
  • Armario de ácidos 900x500x900 (6 Unidades)
  • Armario de bases 900x500x900 (6 Unidades)
  • Vitrina de gases (1 Unidad)
  • Lavaollos de emerxencia (5 Unidades)
  • Taburete (22 Unidades)
  • Campá extracción de gases 1200x800 (1 Unidade)
  • Toma de gases (1 Unidade)
 
E.B.: Equipamento Básico
 
 
 
 
Actuación cofinanciada por:

Tarifas Laboratorio

  Empresas externas Empresas de Tecnópole e grupos de investigación das Universidades galegas
½ día illado (4 h para equipos) Día completo illado (10 h para equipos) Mes ½ día illado (4 h para equipos) Día completo illado (10 h para equipos) Mes
Laboratorio
básico
200 € 300 € A negociar 100 € 150 € 900 €
Microtomo
computerizado
40 € 70 €   20 € 35 €  
Microscopio
binocular
60 € 100 €   30 € 50 €  
GCMS e/ou
HPLC
200 € 400 €   100 € 200 €  
Linomat 5 40 € 70 €   20 € 35 €  
Centrífuga 40 € 70 €   20 € 35 €  
Muíño
ultracentrífugo
40 € 70 €   20 € 35 €  
Liofilizador 40 € 70 €   20 € 35 €  
Cámara de
fluxo laminar
40 € 70 €   20 € 35 €  
  • A tarifa de laboratorio básico inclúe o uso libre de 18 dos 27 equipos (balanzas, estufas, autoclave, etc.).
  • O aluguer dun equipo específico implica necesariamente o uso e aluguer do laboratorio básico.
  • O aluguer mensual do laboratorio supón un desconto do 50% nas tarifas de uso dos equipos.
  • As empresas de Tecnópole e os grupos de investigación das tres Universidades galegas serán beneficiarias dun desconto adicional do 50% sobre as súas tarifas ordinarias para o uso de equipos a partir do quinto uso mensual.
  • As empresas externas aboarán 10 euros menos por hora sobre a tarifa de media xornada nos usos inferiores a este período de tempo (190 € para 3 horas, 180 € para 2 horas e 170 € para 1 hora).
 
 
 
 
Actuación cofinanciada por:

Condicións de Uso

O laboratorio de biotecnoloxía é un servizo especializado de soporte a actividades de investigación que permite aos seus usuarios gozar de todas as prestacións e a liberdade que ofrece un laboratorio propio, pero sen ter que asumir os elevados custos de adquisición e mantemento de equipos.
 
Boas prácticas – Confíase aos usuarios o adecuado aproveitamento dos recursos do laboratorio á vez que pon á súa disposición un Manual de Boas Prácticas.
 
Todo incluído – A limpeza, o mantemento dos equipos e os gastos correntes (luz, auga, aire comprimido, baleiro, electricidade, etc.) ligados ao uso das instalacións están incluídos na tarifa.
 
Bo estado garantidoTecnópole dispón dun plan de mantemento preventivo e correctivo dos equipos e instalacións para asegurar en todo momento o seu bo funcionamento e a dispoñibilidade dun servizo de reparacións en caso de avaría.
 
Máxima seguridade – O Departamento de Mantemento de Tecnópole encárgase de garantir a seguridade nas instalacións mediante:
  • Sistema de acceso personalizado a través de tarxetas electrónicas..
  • Control de entrada e saída..
  • Servizo de televixiliancia e seguridade nocturna..
Como na casa – O laboratorio está equipado de maneira que é posible o almacenamento baixo chave de equipos propios, mostras e material propiedade dos usuarios, o que evita o continuo, pesado e mesmo perigoso traslado de recursos.
 
Aberto a peticións – Os usuarios teñen a posibilidade de participar no proceso de mellora continua das instalacións solicitando a adquisición xustificada de novos equipos.
 
 
 
 
Actuación cofinanciada por:

Solicitude LaBiotec