Instalacións deportivas de Tecnópole

Instalacións deportivas de Tecnópole

 
 

As instalacións deportivas coas que conta Tecnópole, cunha superficie de 16.000 m2 aproximadamente, foron totalmente remodeladas e actualizadas grazas a un investimento de máis de 300.000 euros por parte da Xunta de Galicia. Actualmente, están en uso: unha pista polideportiva descuberta, dúas pistas de tenis e unha piscina descuberta de 25 metros de largo e 12,50 de ancho.

 

A piscina dotouse dun sistema de depuración, os vestiarios e o propio vaso foron optimizados de xeito integral. Ademais, melloráronse as condicións para as persoas con mobilidade reducida, tanto na accesibilidade ao recinto como á zona de baño. As instalacións deportivas anexas tamén foron remodeladas, coa instalación de novas porterías, canastras, etc.

 

As instalacións contan con dúas novidades tecnolóxicas: acceso gratuíto a conexión wifi para todos os bañistas e unha aplicación móbil, tamén de descarga gratuíta, que permite aboar a entrada á piscina e tamén os servizos asociados a ela

 

Todos estes servizos están a disposición de calquera persoa, familia ou grupo. O custo da entrada é de dous euros, coa aplicación de bonificacións en caso de comprar un bono. Dende esta aplicación pódense adquirir os tecnópoles necesarios para poder acceder á piscina e o resto de servizos ofertados. Ademais os empregados das empresas pertencentes a Tecnópole dispoñen de descontos á hora de adquirir os tecnópoles a través da aplicación.

 

O aforo redúcese a un máximo de 250 persoas, das que ata 75 poden estar no vaso ao mesmo tempo.

 

Apertura desde o 18 de xuño ata o 11 de setembro de 2022

 

Horario de 12:30h a 20:30h .

 

Links de descarga da app:

iOS: https://itunes.apple.com/es/app/tecnopole/id1459531866?mt=8

 

Prezos a través da app:

  • entrada á piscina: 2 tecnópoles
  • sombrilla: 1 tecnópole
  • hamaca: 1 tecnópole
  • cancha de tenis: 3 tecnópoles
  • cancha polideportiva: 5 tecnópoles.

Hai dous tipos de tarifas, unha para o público en xeral e outra para os empregados de empresas instaladas en Tecnópole.

 

Tarifas xerais:

BONO 5: paga 5€ e obtén 5 tecnópoles

BONO 10: paga 10 € e obtén 12 tecnópoles

BONO 20: paga 20€ e obtén 24 tecnópoles

 

Tarifas empregados de Tecnópole (*):

BONO 5: paga 5€ e obtén 6 tecnópoles

BONO 10: paga 10 € e obtén 14 tecnópoles

BONO 20: paga 20€ e obtén 30 tecnópoles

(*) para poder identificarse como empregado de Tecnópole debe enviar previamente un correo electrónico co seu nome e DNI a nlorenzo@tecnopole.gal.

 

Prezos con pago en efectivo nas propias instalacións:

- entrada á piscina: 2€

- parasol: 1€

- hamaca: 1€

- cancha de tenis: 3 €

- cancha polideportiva: 5 €