Incubadora de Empresas

Tecnópole conta no Centro de Empresas e Innovación (Edificio CEI) con 2200 m2 destinados á incubación de empresas. Trátase de niños dirixidos tanto a emprendedores que queiran iniciar a súa actividade empresarial, como a empresas ou departamentos destas interesados en desenvolver proxectos innovadores con compoñente tecnolóxico. A estancia permitida é de ata 5 anos.
 
Os niños atópanse listos para o inicio inmediato da actividade empresarial, xa que contan con arquitectura de rede, acceso a salas de reunións e dispoñibilidade de praza de aparcadoiro. Ademais, contar cun niño permite á empresa participar en todas as actividades organizadas polo Parque e facer uso dos servizos de valor engadido que ofrece a sociedade xestora.
  • Soto
  • Planta Baixa
  • Primeira planta
  • Segunda planta
  • Terceira Planta

Condicións da concesión de niños

  • Respecto ás normas establecidas polo PTG.
  • Obrigación de pago da taxa de concesión administrativa do niño a pagar por meses vencidos (ver tarifas - niños).
  • Obrigación de pago do canon por servizos comúns pola contía que fixe a sociedade xestora (ver tarifas - niños).
  • Uso exclusivo do niño para o desenvolvemento das actividades para as cales se outorga.
  • Non realización de obras sen autorización da Consellería de Innovación e Industria.
  • Dereito a recibir os servizos do PTG obrigándose ao seu aboamento segundo as tarifas aprobadas.
  • Obrigación de subscribir unha póliza de seguros para cubrir os riscos e danos que puidesen afectar aos bens do CEI ou doutras empresas ou persoas, por un importe de 615,05 m².
  • Obrigación de constituír na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia unha garantía polo importe anual da concesión (12 x 2,10 x m²) que será liberada unha vez finalice a concesión e se devolva o local en perfectas condicións.
  • Prazo da concesión establecido en tres anos prorrogable por períodos dun ano ata un máximo de cinco.

Solicitude de Niño

Pode indicar a súa preferencia por un niño en concreto
Especifique os m² aproximados que necesitaría