Tecnópole foi inaugurada o 10 de outubro de 1992 e comezou a desenvolver a súa actividade en marzo de 1993 grazas ao esforzo da Xunta de Galicia, que contou, entre outros co apoio das tres Universidades galegas, a Deputación de Ourense e os concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas.
A súa posta en marcha debeuse á necesidade de crear un ámbito de referencia en Galicia dirixido a acoller, apoiar e potenciar iniciativas empresariais de marcado carácter innovador e que apostasen pola tecnoloxía, a investigación e o desenvolvemento como eixes da súa actividade.