Forzas e enerxía

Esta proposta busca, dunha forma moi amena, mostrar aos asistentes as forzas e enerxías ás que estamos sometidos e que nos resultan invisibles... pero que nos afectan.
 
Uri Geller permitiranos comprender a termodinámica que se oculta en dobrar culleres coa mente (nós tamén sabemos) e Marc Márquez coñecer a física que permite ás motos de competición inclinarse de forma incrible. Tamén faremos de faquires sobre globos ou gozaremos coas chamas que xeran as ondas estacionarias que se forman nun tubo de Rubens.