Froito do contacto e dos vínculos e características compartidas que unen ás Comunidades Autónomas de Galicia, Castela e León, Asturias e Cantabria, nace en 2010 o Foro Noroeste de Parques Científicos e Tecnolóxicos.
 
O obxectivo do Foro é favorecer o desenvolvemento integral dos Parques que o compoñen e beneficiar as empresas instaladas neles a través de iniciativas e proxectos comúns.
 
Ademais, o Foro promove intercambios sectoriais para fomentar o coñecemento e a aproximación entre empresas das diferentes autonomías.
 
Na actualidade forman parte deste grupo de traballo os seguintes Parques:
 
Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) Parque Tecnológico de Asturias Centro de Desarrollo Tecnológico de la Universidad de Cantabria (CDTUC)
Parques Tecnológicos de Castilla y León Parque Científico y Tecnológico de Cantabria (PCTCAN) Parque Científico Tecnológico de Gijón (PCTG)
Parque Científico Universidad de Salamanca Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (PTLV) Parque Científico Universidad de Valladolid