Eu, escéptico

Debemos crer en adiviños? Hai evidencia do risco das radiacións do móbil? Que é o horóscopo? Abordaremos desde a dúbida crenzas que pretenden ter base científica, analizarémolas obxectivamente, co fin de potenciar o pensamento crítico dos alumnos e evitar unha percepción distorsionada da ciencia.
 
A charla céntrase en temas que intentan achegarse á poboación vendendo un enfoque pseudocientífico. Non se abordan temas relativos a relixións ou crenzas, que son totalmente respectables.