Espectáculos de Ciencia

 
A través dos Espectáculos de Ciencia faise divulgación científica e tecnolóxica do xeito máis didáctico e ameno para os máis novos. Ao longo de 50 minutos, os asistentes participan en experiencias espectaculares que serven para introducir conceptos científico-tecnolóxicos relacionados co tema en cuestión.

¿A quen van dirixidos?

 
Aos estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose en cada caso os contidos ao nivel académico dos asistentes.
 
E, por suposto, tamén aos profesores e profesoras, aos que se envía con antelación unha guía didáctica específica para cada actividade que lles permite tanto preparar a participación no espectáculo como realizar actividades a posteriori co alumnado co fin de integrar ao máximo as accións cos contidos curriculares.
 
Os espectáculos foron deseñados para o seu desenvolvemento en auditorios de tamaño medio (recoméndase un máximo de douscentos espectadores por sesión).
SOLICITUDE