Domiciliación Virtual de Empresas

Unha opción de arrendamento de servizos para quen non necesita un espazo físico estable pero quere manter unha imaxe profesional.
 
Por 95 € + ive ao mes podes domiciliar a túa empresa en Tecnópole e ofrecer aos teus clientes a imaxe de solidez que o teu negocio necesita.
 
O prezo inclúe:
  • Recepción de correspondencia.
  • Atención telefónica profesional.
  • Número de fax. Envío por e-mail dos faxes que se reciban.
  • Prezos especiais para o aluguer por hora de oficinas e salas de reunións onde poderás recibir os teus clientes.
  • Dous usos mensuais gratuítos dunha sala de reunións.
  • Aparecer no directorio de empresas na web www.tecnopole.es
  • E acceso a servizos empresariais especializados como servizo de comunicación, oficina de financiamento de proxectos ou de estudo de viabilidade.
 
Se xa tes unha empresa en Tecnópole (Niño, oficina, parcela ou domiciliación virtual) podes obter tarifas especiais na domiciliación virtual de empresas adicionais
 
Domiciliación virtual
(empresas adicionais en Tecnópole)
2ª empresa
3ª e 4ª empresa
5ª empresa e seguintes
Prezo/mes
(IVE non incl.)
47,50 €
15 € cada unha
9,90 € cada unha
Desconto
(sobre tarifa xeral)
50%
84,2%
89,5%
 
Todos os servizos e vantaxes estarán a disposición de cada unha das túas empresas para que saquen o maior partido posible da súa pertenza ao Parque Tecnolóxico de Galicia (A excepción de dous usos mensuais gratuítos de salas que só se aplicarán ás dúas primeiras empresas domiciliadas)
 

Solicitude Domiciliación Virtual

GDPR
En nome da empresa tratamos a información que nos facilita co fin de prestarlles o servizo solicitado. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en PARQUE TECNOLÓXICO DE GALICIA, SA estamos a tratar os seus datos persoais polo tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios. Pode ter acceso a información adicional sobre como tratamos os seus datos na sección Política de Protección de Datos, nesta mesma páxina web.