Connect-19 Actividades Formativas

 

BLOQUE 1 - Comercialización de produtos e servizos innovadores


  • Experiencia - VENRES 2/10 de 10:00h a 11:30h

    • Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero Crusat de Suma Importancia compartirán a súa experiencia á hora de lanzar innovacións ao mercado resumindo os puntos esenciais que máis valor poidan achegar ás empresas beneficiarias de Connect-19

  • Sesión 1 - LUNS 5/10 de 9:30h a 13:30h
  • Sesión 2 - XOVES 8/10 de 9:30h a 13:30h

    • César González Sánchez dotará ás empresas beneficiarias de Connect-19 dos coñecementos e ferramentas necesarias para implementar estratexias de venda ad hoc ao plan de negocio de cada empresa e tendo en conta a realidade post Covid. Ao final da formación cada empresa será capaz de implementar melloras totalmente accionables que lles fagan aumentar as súas vendas, ou conseguir os primeiros clientes no caso de que aínda non comercializasen os seus produtos/servizos.

BLOQUE 2 - Marketing e posicionamento de empresas ou produtos disruptivos


  • Experiencia - VENRES 30/10 de 10:00 a 11:30h

    • Marta Frenna de Grey Glasses compartirá a súa experiencia persoal como emprendedora: como usou Canvas para fundamentar o seu modelo de negocio, canles de distribución que foi activando, primeiro modelo de monetización e como conseguiu que os meses de confinamento impulsaran a súa vantaxe competitiva.

  • Sesión 1 - LUNS 2/11 de 9:30h a 13:30h
  • Sesión 2 - XOVES 5/11 de 9:30h a 13:30h

    • Roberto Fraga de Pilgrim Travel ofrecerá ás empresas beneficiaras de Connect-19 os coñecementos básicos necesarios para o deseño dunha estratexia dixital orientada á comercialización de produtos e/ou servizos contra o Covid-19.