Ciencia e cine

O cine, e particularmente o de ciencia-ficción utiliza a ciencia e a tecnoloxía como escusa recorrente para os seus argumentos. Pero, onde acaba a ciencia e empeza a ficción?
 
Durante a charla iremos visionando fragmentos de películas de todo tipo e descubrindo a través de experimentos aspectos sorprendentes do mundo da ciencia. Comprobaremos que non podemos atravesar paredes (sic), recrearemos néboas cinematográficas utilizando a química ou sufriremos ruídos que non afectan ao profesorado, entre outras temáticas sorprendentes.