O cerebro: unha máquina extraordinaria

O cerebro é unha máquina extraordinariamente eficiente que nos converte en seres humanos. Pero, que sabemos sobre el?
 
Tras unha aproximación teórica, mergullarémonos nunha serie de experimentos que nos irán permitindo introducir temáticas apaixonantes, que nos falan de nós mesmos e a nosa percepción da realidade. Probaremos alimentos con sabor a umami (o quinto sabor), veremos as nosas ondas cerebrais e descubriremos a neurociencia que oculta o amor.