Calidade, medio ambiente e RSC

Parque Tecnolóxico de Galicia S.A ten definida unha Política de Calidade, segundo establece a norma UNE-EN ISO 9001. Certificado de calidade segundo a norma ISO 9001:2015 .
 
Ademáis, Tecnópole, na súa constante preocupación polo medio ambiente promove unha ‘Guía de boas prácticas medioambientais’ dirixida a todas as empresas e con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o concurso 'Tecnoambiental', un certame de fotografía e vídeo no que participan os traballadores de Tecnópole mostrando a súa visión do recinto cun enfoque ambiental. Os resultados da última edición están dispoñibles aquí.
 
A política de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) de Tecnópole complétase con iniciativas relacionadas co apoio á conciliación da vida persoal e familiar.