Aulas Tecnópole Robótica

Como?

Mediante diferentes actividades, retos e proxectos adaptados ao nivel dos participantes, iniciaranse, dunha maneira lúdica, no mundo da programación e da robótica. Para isto utilízanse diferentes materiais tanto físicos como diferentes linguaxes de programación que se describen a continuación:
  • One hour of code é un proxecto onde a través dunha plataforma web os nenos poden escribir os seus primeiros programas de forma intuitiva e comezar a comprender os conceptos básicos que implica.
  • Lightbot: Segue a mesma liña que os proxectos de one hour of code. Controlamos no ordenador un simpático robot que debe superar un desafío seguindo secuencias de instrucións.
  • Scratch: É un contorno de programación para nenos e mozos desenvolvido polo MIT. É o estándar actual na iniciación á programación.
  • Lego Mindstorm. É o material de Lego máis avanzado para robótica educativa. Ofrecen múltiples posibilidades de montaxe e programación.
  • Makey makey é un dispositivo que podemos conectar ao ordenador e controlar a través de Scratch. Con el , entre outras cousas, podemos converter mazás en teclas de piano ou facer que ao pisar un charco soe unha alarma.

Para quen?

Prazas limitadas para 24 nenas/os de 8 a 11 anos de idade.

Cando?

Os mércores de 18:10h a 19:40h durante os meses de outubro de 2017 a maio de 2018.

Onde?

Instalacións de Tecnópole.
Transporte incluído dende varios puntos da cidade de Ourense.

Canto?

Matrícula: 100 €.
Cotas mensuais: 50 €.
A matrícula compensaríase cos dous últimos meses (abril e maio) que non se cobrarían, faise para asegurar a asistencia durante o curso, en caso de non cumprir non se devolverían.

Prazo

Do 1 ao 30 de setembro por orde de inscrición.

Inscrición