Aulas Técnopole

Como?

Os estudantes, procedentes de centros de toda a provincia de Ourense, trasládanse unha tarde por semana a Tecnópole. Unha vez alí dispoñen das instalacións e recursos do Parque Tecnolóxico para levar a cabo os seus proxectos, axudados por un equipo de formadores con ampla experiencia docente e de desenvolvemento de programas destas características.
 
Os estudantes, todos eles de Secundaria e Bacharelato, reciben formación sobre as pautas que debe seguir unha investigación científica rigorosa e a estrutura que debe ter a memoria escrita na que se recolla o proxecto. Os seus ámbitos de traballo abranguen todas as áreas do coñecemento, dende as novas tecnoloxías e a informática ata as ciencias ou as humanidades.
 
Os participantes no curso terán ocasión de presentar os seus proxectos en Galiciencia, a feira científica e de innovación que organiza Tecnópole con motivo da Semana da Ciencia, e noutros certames estatais, como 'Jóvenes Investigadores' do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Para quen?

Prazas limitadas para 45 nenas/os de 12 a 18 anos de idade.

Cando?

Os xoves de 17:00h a 19:00h durante os meses de outubro de 2018 a maio de 2019.

Onde?

Instalacións de Tecnópole.
Transporte incluído dende varios puntos da cidade de Ourense.

Canto?

Matrícula: 30 €.
Cotas mensuais: 15 €.
A matrícula compensaríase cos dous últimos meses (abril e maio) que non se cobrarían, faise para asegurar a asistencia durante o curso, en caso de non cumprir non se devolverían.

Prazo

Do 1 ao 30 de setembro por orde de inscrición.

Inscrición