Aulas Tecnópole divídense en dúas actividades en función da idade dos participantes e do contido desenvolvido nelas.
Aulas Tecnópole é unha iniciativa de divulgación da ciencia e da innovación que Tecnópole leva a cabo, por undécimo ano consecutivo, para achegar a súa actividade á sociedade e contribuír a espertar vocacións científicas e incentivar o espírito emprendedor entre os máis novos.
STEAM kids Tecnópole é unha iniciativa de divulgación da ciencia e da innovación que Tecnópole leva a cabo, por sexto ano consecutivo, que busca ofrecer aos máis novos unha aproximación innovadora ao mundo da ciencia e a tecnoloxía, abordándoas desde unha óptica artística e creativa.